Os servizos de normalización dos concellos só se manteñen cando hai axudas

Normalización temporal

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Dos 41 concellos que recibiron en 2007 unha axuda de Política Lingüística para crear Servizos de Normalización, só sete o manterán en activo despois de que acabe o ano. Así o denunciou onte a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua, indicando ademais que só en 29 casos se chegaron a desenvolver os servizos e que deles, dezanove pecharon logo de dous meses. Para alén, este colectivo afirmou que a maior parte do traballo abordado por estes organismos foi a corrección e revisión de textos, e reclamou unha maior estabilidade no sector.

Máis información no web da CTNL, en Xeracion.com, en Galicia Hoxe, en Vieiros e no noso tema sobre os servizos de normalización locais

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CTNL, Vieiros, Política Lingüística, Galicia Hoxe...