Oito municipios de Pontevedra axudarán a quen decida inscribir en galego as lápidas funerarias

A lápida e o test

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Un estudo recente apuntaba que só o 0.1% das lápidas están redactadas en galego. Mudar esta porcentaxe é o obxectivo dunha moción que levarán ao pleno nos seus respectivos concellos os rexedores da Asociación Intermunicipal Vieiro da Franqueira (A Cañiza, O Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Soutomaior). A iniciativa pretende subvencionar economicamente a quen decida inscribir en galego as lápidas funerarias dos seus familiares. De lingua, tamén falou o director xeral da Función Pública, José Rodríguez González, que apuntou que é “legal” e “lexítimo” usar só o galego nos test das oposicións nos corpos superiores, auxiliar e subalterno.

Máis información sobre as axudas ás lápidas e sobre as declaracións do director xeral en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondariz, Pontevedra, La Voz de Galicia, Ponteareas...