O Consello da Cultura e o Cabido da Catedral colaborarán para estudar os gravados sobre pedra do templo compostelán

O libro da pedra sacra

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Recuperar e catalogar os epígrafes das lápidas funerarias medievais presentes na Catedral de Santiago é o obxectivo do convenio que acaba de asinar o Consello da Cultura Galega co Cabido Catedralicio. O traballo, que durará dous anos e está orzamentado en sesenta mil euros, incluirá a limpeza e a recuperación das lápidas e o inventario das inscricións presentes en pezas de ourivaría e mesmo daquelas que se encontran nos muros do templo.

Máis información en El Correo Gallego; en La Voz de Galicia e no web do Consello

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Consello da Cultura Galega...