A Xunta introduce o galego nas asociacións e nos cursos para desempregados, mentres o BNG reclama máis presenza da lingua no mundo funerario

Na asociación, no traballo, na morte e nos exames

19/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Cento vinte profesores serán os encargados de impartir os novos cursos "Habilidade comunicativas en galego para o mundo laboral". Este programa de formación vai dirixido a desempregados e pretende permitirlles enfrontar no noso idioma a súa integración laboral, segundo sinalou Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística. Este mesmo departamento anunciaba hoxe que achegará 760.000 euros para promover o emprego do galego en entidades sen ánimo de lucro. Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou unha proposición non de lei para lle reclamar á Xunta un programa que potencie o emprego do galego nos actos, cerimonias e funcións relacionadas coa morte. Finalmente, esta semana, anunciouse que as versións galegas dos exames de selectividade sumaban máis de cen faltas ortográficas.

Máis información sobre as axudas a asociacións; sobre o programa de formación laboral; sobre a proposta do BNG; sobre o exame de selectivo

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, Asociacións, Morte, Política Lingüística...