Dúas compañías portuguesas traen a obra teatral Tráfico a Galicia

Estrearase o xoves 28 de setembro ás 20:30h no Teatro Principal de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Son dúas compañías portuguesas, Baal17 do Alentexo e AL Teatro do Algarve, que estrean en Galicia Tráfico, do dramaturgo galego Carlos Santiago baixo a dirección do tamén galego Chiqui Pereira. Segundo as compañías, "é un exemplo das posibilidades que ofrece o intercambio de creadores e experiencias entre os dous paises sen necesidade de intervención das institucións públicas". Non é a primeira vez que estas compañías traballan con profesionais de Galicia. Tráfico é unha comedia ambientada nun hotel spa ao que acoden a descansar traficantes. A dona do hotel encubre en realidade un negocio orientado á vinganza polo que lle fixeron no pasado. A obra estrearase o xoves 28 de setembro ás 20:30h no Teatro Principal de Santiago

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Carlos Santiago, Comedia, Teatro Principal de Santiago de Compostela