Conseguir unha maior presenza internacional das producións audiovisuais galegas. Este é un obxectivo “prioritario” para un “sector estratético” tal e como apuntaron esta mañá Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura e Educación, e Javier Guerra, conselleiro de EconomÃa e Industria no sinatura dun convenio para a Internacionalización do Sector Audiovisual Galego que afecta a órganos directivos do seu departamento (Consorcio Audiovisual de Galicia- CAG- e IGAPE, respectivamente). Será a través do Consorcio, función inherente á súa propia natureza, e implicará un cambio de modelo con respecto ao que se estaba a facer. Anxo Quintanilla, director-xerente do CAG, apuntou que se trata dunha “maior coordinación que supón que a aquelas citas que non vaia o Consorcio irá o Clúster e viceversa”. En total, este convenio destina a este fin 350.000 euros para os vindeiros dous anos.
“Tratase exclusivamente de misións comerciais” explicou Javier Guerra, conselleiro de EconomÃa e Industria, entidade implicada na internacionalización do sector audiovisual a través do IGAPE. De feito, explicitou que non existe esta única liña de actuación do seu departamento. “Hai empresas con CIFs e con nomes e apelidos que solicitan o apoio para acción de internacionalización”. E apuntou unha cifra. Segundo Guerra, o seu departamento leva apoiando empresas do sector audiovisual desde o inicio da lexislatura con preto de dez millóns de euros.
Pola outra banda, o conselleiro de EconomÃa, Cultura, Xesús Vázquez, incidiu na calidade dos proxectos audiovisuais galegos e a súa presenza en “foros e mercados internacionais e nacionais máis representativos polo seu volume de negocio”. A primeira das citas que se beneficiará dese convenio será o European Film Market, sección de mercado paralela á Berlinale e á que se asistirá unha delegación comercial de dez empresas xunto co secretario xeral de Cultura. Anxo Quintanilla, director-xerente do Consorcio, explicou que con este cambio na polÃtica de internacionalización, o Clúster especializarase en asistirá a mercados con “base tecnolóxica”.
Os clústeres
Javier Guerra lembrou que o aspecto industrial está entre as prioridades do goberno galego pero que, aludindo á Lei que regula a polÃtica industrial, cómpre lembrar que os “clústeres non son só asociacións de empresas, senón que han de ser a suma dun valor engadido”. Atendendo á definición publicada nesa lei, Javier Guerra considerou que hai algúns que teñen máis sentido que outros e “se teñen que ser unidos, serán unidos”. Respostaba asà a unha pregunta sobre a proposta feita por Agadic de refundir nun só os clústeres que operan no sector cultural.