Hai xa varios anos que no Entroido de Vigo participan os merdeiros. Estes personaxes, que ata comezos do século XX eran habituais nestas festividades da Cidade Olívica desapareceran ata que o esforzo de asociacións de base o recuperou. Neste 2013, un documental recolle este proceso. Analizamos con varios dos seus protagonistas o seu retorno ás rúas.
Xerardo F. Santomé é un nome fundamental á hora de falarmos da recuperación desta figura. Foi el o que comezou un fondo traballo de investigación tentando localizar as escasas pegadas que ficaron do que, noutrora, fora un elemento habitual nas festas do Entroido viguesas. "Foi moi complicado, apenas había documentación fóra dalgunhas referencias de Risco e de Xocas, e non era doado atopalas". Deste xeito, o seu traballo tivo que se basear maioritariamente en fontes orais. "Había xente que lembraba vagamente algúns comportamentos ou como era". O proxecto de investigación, que se demorou durante sete anos, naceu coa colaboración do Concello de Vigo, "o concello quería facer unha comparsa de merdeiros que encabezase o desfile de Entroido, pero a min non me parecía ben. Entón o traballo quedou parado un tempo e ao final decidín cederllo á Asociación Cultural A Revolta e a Asociación de Veciños do Casco Vello que apostaron por recuperar a figura no Entroido de 2006" en colaboración co propio autor. Logo, a partir destas entidades, creouse a Asociación Etnográfica a Merdeira, federada con elas e que coordina as actividades con este personaxe.
A orixe
Como é sabido, os merdeiros nacen como unha burla dos habitantes da ribeira viguesa, en barrios como o Berbés, de cara aos labregos das aldeas da zona, que baixaban escabichar, é dicir, procurar os restos do peixe e outros detritos para aboar os seus campos. "Hai unha polémica entre labranza e mariña", apunta Santomé. "En xeral, o merdeiro trata de pór en evidencia o mundo da labranza, esaxerando os elementos simbólicos. Se os labregos viñan cun animal, o merdeiro puña unha galiña do pucho. Ou cebolas ou paus de escoba colgados por diante da faixa, do mesmo xeito que os labregos levaban un candil colgado da cintura cando viñan á cidade limpar os pozos negros. Tamén levaban a camisa de fóra e máscaras feas, tratábase de desvirtuar".
A desaparición
A desaparición do merdeiro como figura pública non veu, como no caso doutros entroidos galegos, da man do franquismo. "Xa cara aos anos vinte van saíndo unha serie de bandos que prohiben determinados comportamentos na rúa durante o Entroido. Coincide isto coa aparición de sociedades como La Oliva, La Gimnástica ou de círculos mercantís que apostan por outro modelo de Entroido, con desfiles e bailes. Entón vaise prohibindo tirar confeti ou tratar temas indecorosos, e nos anos trinta xa desaparecen", explica Santomé.
A icona
Se temos en conta que no seu día a máscara semella ter admitido grandes variacións no seu feitío e vestimenta, pode sorprender un pouco a semellanza de todos os merdeiros que estes días se poden atopar por Vigo e o esforzo realizado por conseguir un aspecto característico e inequívoco. Nesa definición do merdeiro tivo unha especial importancia Pancho Lapeña, deseñador ao que lle solicitaron axuda para desenvolver o aspecto do personaxe e que ademais foi o primeiro merdeiro en saír á rúa no grupo que recuperou a tradición en 2006. "a nivel icónico é mellor identificar os riscos. Hoxe se ves un peliqueiro ou un boteiro sabes facilmente de onde son, relaciónase cun espazo e cun tempo. As máscaras que son máis anárquicas resulta máis difícil de identificar. Entón eu penso que para recuperar hai que uniformizar, non todos os riscos, pero si abondos para que funcione a nivel de icona. Os peliqueiros teñen diferentes animais pintados pero tamén uns elementos comúns propios desa máscara e non doutros". Deste xeito, por exemplo, xa van aparecendo variacións na máscara, segundo advirte Fiz Axeitos, presidente da Asociación Etnográfica A Merdeira. "Hai máscaras en mans das asociacións que en moitos casos están feitas co mesmo molde, e logo a xente fai outras e introduce variacións. Por exemplo hai unha que ten directamente un fociño de porco".
A figura
Segundo explica Lapeña "son un grande apaixonado das máscaras rituais e dos entroidos tradicionais, e cando me pediron axuda na realidade só pretendían que achegase un deseño. Pero emocioneime e ao final, a partir dun traballo de documentación con Xerardo, partindo dos debuxos de Xocas e de Risco, sacamos a máscara feita a base de papel", lembra. O proceso de elaboración da máscara para os novos merdeiros implicou ter en conta diferentes aspectos. "Aínda que as poucas ilustracións que había non aclaraban moito como era, hai bastantes posibilidades de que as orixinais fosen de papel. Tamén tivemos en conta que de as facermos de madeira seria máis complicado para a xente conseguilas. O tocado e o cabelo de lá estaban claros, pero para facer a parte entre a fronte e o pescozo, tiven que empregar certa inventiva optei por unha estética semellante ás máscaras que se conservan en Ourense". De calquera xeito, insiste en que o proceso tivo unha parte de creación colectiva. "Fixemos un obradoiro seguindo a documentación e comentando entre todos as posibilidades, e foi saíndo ao tempo tanto a máscara como o traxe".
O traxe
Á hora de definir un traxe, as fontes eran bastante máis claras, partindo de novo dos debuxos de Risco e de Xocas. "Buscamos unha analoxía co traxe de labregos da época, que eran de liño cru, co chaleco e a faixa. E logo todos levan unha vara que sería a aguillada do carro coa que se asusta a xente", explica Santomé, "aínda que tamén hai variacións" en elementos como a cor do chaleco ou diferentes complementos. Segundo sinala Fiz Axeitos "nestes anos estivemos a traballar en ter o vestiario que aparece reflectido nos trallos etnográficos, e fomos incluíndo elementos como os tamancos de madeira ou as polainas de coiro, que ao comezo non tiñamos".
O comportamento
Como é habitual nas máscaras de Entroido, a característica fundamental do merdeiro era e é a súa irreverencia. "Llanos, o fotógrafo, lembraba que cando era el pequeno lle impresionara moito que algún viña cun penico, simulaba que cagaba e logo comía o que había alí, que eran chourizos. Logo tamén manchaban a xente co escabiche ou mesmo se cubrían con el e os abrazaban". En xeral, segundo apunta Santomé, "trátase dun comportamento antisocial, o personaxe vai só ou en pequenos grupos". A actividade dos merdeiros deu para vivos ataques na prensa da época o que, segundo lembra, Lapeña, fai que "xusto os que máis criticaron a figura nas súas crónicas son o que nos describen exactamente o que temos que facer para ser merdeiros". Na recuperación da figura, no entanto, tívose en conta a mudanza no contexto e nos códigos sociais que se deu en Vigo durante un século. "Cando saímos por vez primeira en 2006 estábamos algo fóra de contexto. Atopabas moita curiosidade pero a cidade mudou moito desde que desapareceu o merdeiro, e as indulxencias que tiña unha máscara ritual coma esta non as ten. Se eu lle como merdeiro lle dou cunha vasoira a alguén, o mesmo me volta o golpe, e iso non acontece en Laza ou en lugares onde non se perdeu o Entroido". Así, o xeito de se comportar dos merdeiros tamén muda e mudará. "As figuras evolúen e eu tampouco lles vou dicir aos compañeiros merdeiros como se teñen que comportar, supoño que ese comportamento irá mudando segundo vaia mudando o contexto", explica Lapeña. "Agora algúns en vez de tirar a magra do peixe tiran fariña" lembra Santomé, a apuntalar a idea de que falamos dunha figura e en evolución.
Control
A contar con esas mudanzas no contexto, ao desenvolver a recuperación do personaxe "tentamos controlar un pouco o espazo, tanto físico como temporal no que se move. Está restrinxido á zona vella e a determinados días. Entón xa se avisa de cando sae o merdeiro e os veciños xa saben que vai haber algo e se crea un certo contexto", lembra Santomé. Este contexto permite tamén que canda ás saídas colectivas de merdeiros vaia habendo membros das asociacións que visten a máscara e saen por libre ás rúas. A familiaridade, no entanto, esixe tamén un traballo didáctico importante, segundo explican desde a Asociación Etnográfica. "Facemos visitas a institutos e colexios, montamos exposicións e tentamos que se coñeza a figura. Queda aínda moito traballo que facer, pero nos últimos anos avanzamos moitísimo. Os nenos xa saben que é o merdeiro e a xente tráenos para interactuar xogar con el. Os veciños do barrio xa saben de qué vai a cousa, aínda que a uns lles gusta máis do que a outros. É un proceso a continuar".
Futuro
"Co tempo poida que calquera se disfrace de merdeiro e quede como un elemento folclórico. Poida que co tempo desapareza a asociación logo haxa xente que se vista, e que uns anos saian e outros non. Todo ten os seus ciclos", pensa Santomé. Pola súa banda, Lapeña considera que "dou por recuperado o merdeiro. Desde 2006 todos os anos saen ata vinte ou trinta, houbo un crecemento exponencial. Outra cousa é o que acontecerá de cara ao futuro". Santomé pola súa banda sinala que se conseguiu que o concello integre esta celebración no seu programa, e hai xente abonda para vestir o traxe. Este ano as saídas programadas contarán cuns 25 membros, e ata unhas corenta persoas vestirán o traxe nun ou noutro momento.
Os interesados en saber máis sobre este personaxe sobre o xeito no que acabou retornando ás rúas de Vigo, teñen este ano novas oportunidades. Para comezar, no propio Entroido vigués, onde os días 8, 10 e 12 haberá merdeiros polas rúas do casco histórico. Antes diso, o vindeiro xoves 7, Pancho Lapeña impartirá, a partir das 19:30 horas, unha conferencia sobre a recuperación do personaxe no Museo do Pobo Galego de Compostela. E para despois do Entroido darase a coñecer completo o documental Os merdeiros. A recuperaçom do que están a dar a coñecer xa adiantos pola rede.