O debuxante Xermánico debuta en DC

Debuxa historias breves na serie Arrow

Unha das capas de Xermánico para IDW
Unha das capas de Xermánico para IDW
A carreira de Xermánico, debuxante guardés que fixo parte do colectivo Fuck Cómics está a despegar nos últimos tempos. En 2012 publicou ao álbum Might&Magic Heroes: t1 Soeurs de Sang coa editora francesa Les deux Royaumes e realizou varias portadas para a serie de cómics baseada no grupo Kiss que publica a estadounidense IDW. Agora, para alén de continuar a súa colaboración con esta editora, DC Cómics vai publicar en formato papel os capítulos que este autor debuxou da serie Arrow e que ata o de agora só estaban dispoñibles en formato dixital.

Segundo explica Xermánico, trátase dos episodios 14, 17 e 21 da serie, que verán a luz ao longo deste ano. Anteriormente, o autor xa realizara unha serie de catro números para IDW sobre o videoxogo Duke Nukem forever.