Foi quÃmico, pero dos modernos, dos que entendÃa que todas as investigacións tiñan que repercutir na sociedade. Por iso investigou a calidade das augas do noso paÃs no momento no que agromaba o termalismo en Europa, e por iso tamén procurou aplicar criterios cientÃficos para mellorar a produción de viño. E todo isto hai máis de cen anos. Agora, cando se acaba de producir o bicentenario do nacemento de Antonio Casares RodrÃguez, unha serie de actos poñen en valor a súa figura.
Conferencias, seminarios e mesmo poñerlle o seu nome á aula magna da facultade de Farmacia da que el foi o seu primeiro decano, son algunhas das actividades que se celebraron ao longo do chamado “Ano Casares”. Pero sobre todo destaca unha exposición na que se pretende dar conta das diferentes facetas que converteron a Antonio Casares no pai da quÃmica moderna e nun cientÃfico de referencia en todo o Estado. Conta Manolo Bermejo, coordinador de todas as actividades que culminarán o vindeiro mes de abril, que Casares “era unha figura poliédrica, un gran investigador, un gran educador un bo xestor pero por riba de todo unha persoa que consideraba necesario chegar a sociedade”. E todas estas facetas están representadas na exposición que conclúe en Lugo o seu percorrido expositivo sobre a súa figura.
O Casares educador
“Foi o primeiro do que hoxe consideramos como educador moderno, é dicir, consideraba que a tarefa docente non remata cos alumnos, senón que hai que transmitirllo á sociedade” apunta Manolo Bermejo. E iso nótase na exposición coa presentación de libros que el escribiu, que algúns deles chegaron a constituÃrse como auténticos bestsellers da época ao converterse en libros de texto. “Casares consideraba que era necesario que os alumnos tiveran de materiais e libros para que poidan reproducir ou ensaiar na súa casa aquelas cousas que o mestre lle ensinou na aula” puntualiza Bermejo. Pero non quedou aÃ, senón que traduciu numerosas publicacións no marco dese afán didáctico de coñecer a ciencia que tamén se producÃa noutros paÃses.
Boa parte dese labor didáctico céntrase en dous aspectos: as augas e os viños. “Casares sabÃa que as augas podÃan rentabilizarse por esa acción terapéutica que tiñan e centra a súa preocupación polas augas” explica Bermejo. No momento que a balneoterapia comeza a despuntar en Galicia, Casares converteuse nun dos seus dinamizadores que confluÃron despois na creación de balnearios como o de Lugo ou o de Guitiriz que aÃnda hoxe están en funcionamento. “Malia que naceu en Monforte, a súa familia era de Sober e entendÃa moi ben as propiedades dos viños da Ribeira Sacra e comezou a estudar os viñas de Galicia e as súas cualidades organolépticas”. Daquelas en Galicia existÃa unha abondosa produción de viño e el tentou achegar criterios cientÃficos para mellorar a produción.
O Casares investigador
Cre Bermejo que “nun finisterre coma o da nosa universidade, un dos seus profesores publique 116 traballos é algo destacado” Máis aÃnda se un 25% deles teñen “unha calidade moi digna e moi destacada para o momento en España e comparable a traballos que se publicaban”. Son moitas as contribucións que lle debemos a Casares. Foi o introductor da espectroescopÃa en España. “Non é que compre o primeiro espectroscopio, pero é o inicio dun análise quÃmico para analizar as augas” puntualiza. Foi tamén o introdutor da luz eléctrica. “SabÃa como se podÃa poducir luz eléctrica cos electrodos de Foucault e probouno iluminando o campanario da igrexa de CompañÃa de MarÃa en 1851, que era o mesmo procedemento que se utilizaba nos faros daquela época, aónda que despois sexa doutra maneira”. Ademais da súa achega na análise das augas e do viño, de todas as facetas de Antonio Casares, destaca o uso do cloroformo como primeiro anestésico importante e con propiedades case inocuas. “Entérase que Simpson en Edimburgo usou o cloroformo como anestésico, el que é un quÃmico experimental, prepara cloroformo téstao nun can e posteriormente no seu propio corpo. Ao ver o o éxito implántao nos ciruxáns da USC que formaban parte do seu grupo de traballo”. Foi a primeira vez que se fixo en España.
Casares o xestor
Alén do seu traballo de docente, ocupou diferentes postos de relevancia no eido universitario. Foi decano de varias facultades pero tamén chegou a ser reitor da Universidade de Santiago durante 16 nos. “Foi o reitor que máis anos estivo no exercicio do poder e morreu no cargo con 76 anos” lembra Manolo Bermejo que dá conta da difÃcil época que lle tocou vivir. “Apostaba pola laicidade da universidade, pero as forzas vivas da cidade non lle deixaron e non foi ata Rodriguez Cadarso nos anos trinta cando se produciu unha separación do poder clerical”. Non foi a faceta na que Casares foi máis destacado, pero tentou “pelexou porque se considerase unha universidade punteira en España”.
Casares e a sociedade
A exposición dedica unha pequena parte a recoller a relación que mantivo este quÃmico coa sociedade na que viveu. “É un termo un pouco controvertido no sentido moderno da palabra e non é moi xusto consideralo como Escola, aÃnda que moitos alumnos se consideraron discÃuplos del” conta bermejo á hora de falar de figuras como RodrÃguez Carracido, un reputado quÃmico español, RodrÃguez Mourelo ou Luanco, que malia que non foi alumno del si utilizou dunha forma moi notoria o seu traballo. En todo caso, ocupa un espazo na mostra porque incide nesa faceta da experimentalidade na que tanto postulaba Casares. “É o primeiro profesor moderno que cre na importancia e na necesidade das ciencias experimentais” incide o coordinador deste conxunto de actividades. E ese carácter experimental é o que leva a por en marcha varios laboratorios, a inventariar e utilizar todo o material que habÃa na Universidade de Santiago e incentivar a compra de novas pezas. Nese sentido, cómpre destacar que Casares foi o promotor do Museo LuÃs Iglesias.