Comezan as votacións para as BDs de 2012

Ficomic e Entrecomics inician os prazos para seleccionar as mellores obras do ano

Imaxe dos premios do 31 Saló del Còmic
Imaxe dos premios do 31 Saló del Còmic
Están xa abertas as votacións para os premios do 31 Saló Internacional del Còmic de Barcelona, un dos principais galardóns anuais para a novena arte estatal. Aínda que boa parte das categorías están abertas unicamente a profesionais, os lectores teñen a posibilidade de votar o mellor cómic publicado en España en 2012 mediante o web de FICOMIC. Pola súa banda, tamén o web Entrecomics abriu a súa elección anual das mellores BDs, como é habitual aberto a todos os lectores que poden propor os títulos que consideren nas diferentes categorías. Desde Culturagalega.org, como en anteriores edicións, queremos animar aos nosos lectores a votar autores e editoras galegas nestes certames.

Novidades editoriais estatais de 2012 no web de FICOMIC.
Fanzines publicados en 2012 no web de FICOMIC.
BDs galegas de 2012 no soportal BD.