A ConsellerÃa de Cultura presentou onte O libro dos Reis Magos, con ilustracións de Marina Seoane e textos de 26 escritoras galegas como Paula Carballeira, Rosario Golmar, RosalÃa Morlan, Andrea Porto, Celia Parra, Eva Lozano, Inma López Silva, Yolanda Castaño, Anxos Sumai ou Rosa Aneiros. Segundo Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura e Educación, "a ConsellerÃa impulsa esta nova iniciativa de promoción do galego para que os representantes das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, podan ler aos máis cativos as súas peticións e bos desexos para o noso idioma". O libro encádrase dentro das accións de Nadal en Rede desenvolvidas pola SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica a través da Rede de Dinamización LingüÃstica.