En decembro do 2002 cumprÃanse dez anos do nacemento de Metátese Teatro, un dos grupos teatrais de afeccionados máis activos de Galicia. Desde Palas de Rei, durante a última década organizaron intercambios internacionais, promoveron a Federación Galega de Teatro Afeccionado e desde hai catro anos organizan o Festival Teatro no Camiño. E todo isto tendo a escena só coma unha afección.
Metátese Teatro nacÃa en decembro de 1992 na aldea de Vilar de Donas, preto de Palas de Rei. A intención dos seus membros era, de partida, representar na Festa da Dona Verde “A farsa das zocas” de Ricardo Carvalho Calero. Pero a experiencia callou, e o grupo continuou, trasladando o centro das súas actividades a Palas. Logo de dez anos pasaron por Metátese máis de oitenta persoas, e na actualidade continúan nel catro dos fundadores, Afonso GarcÃa, Xosé Manuel Pérez Parede, Xosé Manuel Blanco e Xesús Manuel Seoane. Con eles outras seis persoas completan a formación actual da compañÃa, un grupo hetoréxeneo no que conviven estudiantes e traballadores (desde profesores a operarios da construcción) de entre quince e trinta e catro anos. Todos eles reparten desde o traballo de maquillaxe e vestiario ata a iluminación, o son ou o deseño, pasando, por suposto, pola dirección e a interpretación das obras. Sempre desde unha perspectiva crÃtica e cunha visión vangardista do feito teatral que os leva a explorar tendencias coma o happening, o teatro do absurdo ou o teatro furioso, tentando sempre rachar a barreira entre actor e espectador e loitando por crear un tecido teatral en galego.
A importancia do exterior
Afonso GarcÃa, actual director do grupo, recoñécenos que cómpre pór moita paixón para que un grupo asà vaia adiante, “hai que paliar a falta de medios con imaxinación e creatividade”. A permanencia dun núcleo fixo que se manteña tirando do carro e a apertura do colectivo cara a grupos foráneos, son dous dos trucos que permitiron a Metátese chegar á década. Deste xeito Metátese integrouse na Confederación Española de Teatro Afeccionado (CETA) e fÃxose membro da Asociación Internacional de Teatro Afeccionado (AITA) o que lles permitiu establecer contacto con outros grupos amadores, realizar intercambios e asistir a festivais e cursos de formación, mantendo viva a lapa da escena dentro do propio colectivo.
Asà se fai
Cada fin de semana os membros de Metátese reúnense para ensaiar. Teoricamente as sesións duran entre dúas ou tres horas, pero sempre rematan sendo moitas máis. E a isto haberÃa que engadir o tempo que se emprega noutras actividades que desenvolven. Para o seu financiamento, o grupo carece de subvencións directas, e os seus fondos obtenos maioritariamente do que obteñen por participar nos CircuÃtos Teatrais da Deputación de Lugo e polas achegas que, de cando en vez, fan os seus propios membros. Ademais, reciben material de grupos foráneos cos que contactan a través da CETA. Os cartos que gañan invÃstenos fundamentalmente en material e en cursos de formación, un aspecto do que se preocupan especialmente en Metátese.
O teatro na escola
Unha das tarefas ás que máis tempo dedicou Metátese durante os últimos dez anos foi a colaboración con diferentes centros de ensino desenvolvendo actividades teatrais. Especialmente destacable foi o proxecto que se realizou coa Aula de Teatro do Colexio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense. Tratábase dun intercambio de estudiantes cun grupo afeccionado de Nantes, acolléndose a un dos programas Sócrates da Unión Europea. Con este encontro os rapaces do colexio viaxaron en 1996 á cidade francesa pondo en escena unha obra na que os galegos aportaban a expresión oral e os franceses a corporal, intercambiando os postos cando o grupo francés veu a Galicia. Neste intercambio iniciouse o contacto de Metátese coa compañÃa profesional francesa Azimut, da que, segundo Afonso GarcÃa “aprendemos e seguindo aprendendo moito”. Encontros semellantes se produciron nos seguintes anos cun grupo de teatro estudiantil italiano, o que lles permitiu ós alumnos galegos coñecer a situación do napolitano con respecto do italiano, e comparala co caso galego, ademais de coñecer Italia e de representar alá unha obra no noso idioma. Metátese tamén traballou coa Escola-Infantario de Miranda do Douro e intercambiou experiencias coa Aula de Teatro da Universidade Fernando Pessoa de Porto. O director do grupo teno claro “o teatro deberÃa ser una materia obrigatoria no ensino, permite unha educación integral e coñecer posturas diferentes á propia”. Afonso tamén lamenta que haxa “tanto descoñecemento ou desidia para aproveitar nos centros de ensino estes programas da Unión Europea”.
O Festival
Desde hai catro anos Metátese vén organizando polo verán o Festival de Teatro Amador de Palas de Rei “Teatro no Camiño”. O encontro xurdiu coa intención de amosar unha panorámica das tendencias que está a seguir o teatro afeccionado, principalmente a nivel galego, pero contando tamén con algunha compañÃa da CETA ou mesmo de fóra do Estado Español. Logo dun comezo no que o público non superaba as cincuenta persoas nas mellores funcións, o evento foise consolidando a partir da segunda edición coma un dos principais puntos de encontro para os grupos de afeccionados do paÃs, e na actualidade acada encher en cada función a casa da cultura de Palas de Rei atraendo xente dos concellos dos arredores e mesmo de Lugo. Entre as representacións que se viron neste tempo habÃa de todo, desde o grupo da residencia da terceira idade de Xinzo ata grupos infantÃs, desde obras clásicas ás tendencias máis alternativas. Ó final de cada obra, un coloquio pon en contacto os actores co público entre os que, como non, se atopan abondosos peregrinos.
A Federación
A raÃz dos contactos coa CETA, Metátese púxose na tarefa de crear a Federación de Teatro Afeccionado Galego (FEGATEA). Logo de enviar cartas a todos os grupos do paÃs e dunha primeira xuntanza en Palas de Rei, Compostela vÃa nacer este colectivo en xuño de 2001, coa participación de sete grupos. Desde aquela incrementáronse significativamente as actividades do teatro afeccionado no paÃs, organizáronse varios cursos e intercambios e naceu en Compostela o festival AgustÃn Magán en colaboración co Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). Na actualidade están federados vintedous grupos de afeccionados de todo o paÃs, algúns deles con máis de corenta anos de actividade coma o Teatro de Cámara Ditea de Compostela. Este proxecto ten aÃnda abondosos planos para o futuro, e supuxo , segundo
Afonso, “un incremento brutal de actuacións, de intercambios e de ilusión para os grupos”.
Festa de aniversario
Para celebrar os seus primeiros dez anos, Metátese prepara unha xuntanza de todas as persoas que pasaron polo grupo con ocasión do vindeiro festival de teatro de Palas, que chegará en agosto á cuarta edición. Este mesmo inverno comezan unha colaboración coa ONG Meniños para realizar funcións a beneficio de nenos con discapacidades e con problemas familiares, unha xira que arrincará en breve no Teatro Principal de Ourense. Ademais, prevén seguir participando en cursos con actores profesionais, viaxar a Túnez para contactar con grupos de teatro amador deste paÃs e participar no Festival da CETA. Como se ve, o teatro é unha afección que pode dar para moito.