O Álbum da Ciencia presenta a súa nova etapa na Coruña

A universidade da Coruña é unha das intégrantes neste proxecto divulgativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Abelardo Gallego Canel, discípulo de Cajal e pioneiro da histoloxía veterinaria española; Francisco Sueiras foi un médico denunciante de excesos e límites da ciencia; Juan Rodríguez Sardiña o especialista en bacterioloxía agrícola… estes son algúns dos cen científicos que integran a nova etapa do álbum da Ciencia. Un proxecto promovido polo Consello da Cultura Galega que hoxe se presenta na Universidade da Coruña e que se integra dentro das acción da institución para fomentar e incrementar a consideración da cultura científica.

A nova etapa do álbum da ciencia presentouse o pasado 27 de marzo, pero na cita que está prevista para hoxe na Coruña, segundo nota de prensa da institución, dará “a coñecer aspectos da colaboración establecido entre o Consello da Cultura Galega e importantes institucións galegas para difundir estes e outros contidos. Trátase da cooperación xa establecida coa delegación en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Fundación Barrié de la Maza e a Universidade de A Coruña”.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Universidade da Coruña, Consello da Cultura Galega, Fundación Barrié de la Maza...