As iniciativas culturais van introducÃndose como opción de desenvolvemento nos concellos rurais. Cando menos, asà o reflicte a resolución das axudas que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural outorga desde hai anos. Algo máis dun millón de euros destinados a iniciativas de carácter cultural entre os que se inclúen actuacións tan sinalada como o acondicionamento do acceso ao castelo de Pambre, o centro de recepción do Castro de Baroña ou varios novos museos.
AÃnda que están a descer nos últimos anos, a liña de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para concellos e comunidade para 2012-2013 supón un total de14.890.695 euros. A maior parte do investimento da liña de axudas a proxectos dinamizadores das áreas rurais se destina a “servizos básicos para a economÃa e a poboación rural”, o que inclúe desde parques de xogos infantÃs e circuÃtos biosaudables ata pistas de paddle ou áreas recreativas. No entanto, canda a isto, a convocatoria posúe liñas propias destinadas a accións de conservación e mellora do patrimonio cultural. Un valor de 1.304.135 euros distribuÃronse entre os 40 proxectos que solicitaron os concellos baixo o epÃgrade de Conservación e mellora do patrimonio cultural.
Grandes proxectos
Unha das actuacións que máis destacan no proxecto, por contÃa e polo agardado, é o acondicionamento do acceso ao Castelo de Pambre, cun orzamento de 101.549 euros e que conta cunha axuda que cobre o 85.21% do proxecto. AÃnda sen ter fechada oficialmente a adquisición deste monumento, a Xunta inviste no mesmo, o que fai prever a continuidade do actual programa de visitas ou un maior desenvolvemento do mesmo. Canda a este, no apartado de axudas dedicado ao Turismo (1.382.233 euros) atopamos outros dous proxectos que levan tempo a se anunciar, como son o centro de información e recepción de visitantes do Castro de Baroña, que leva 22.060 euros, e Centro de Interpretación da Cova do Rei Cintolo, que conta cunha axuda de case 26.000 e que leva tamén anos a se anunciar. Canda a estes nesta convocatoria verifÃcase unha aposta por proxectos ambiciosos, como é o museo e centro de interpretación da cultura dos pazos galegos que quere abordar o Concello de Lourenzá e que conta cun investimento de 117.471 euros por parte de AGADER (sobre un total de 132.168), ou o Museo Etnolúdico de Galicia que se porá en marcha en Ponteceso (111.197 euros de axuda sobre un total de 121.753). Outras propostas nesta liña son o  Ecomuseo de Coristanco (78.325) e a musealización da Torre da Homenaxe do Castelo de Castro Caldelas (60.861).
Equipamento
Cabe destacar que a práctica totalidade da axudas que aprobou a Axencia este ano foron para a construción e equipamentos de centros ou museos, mentres en anteriores xeiras abondaban iniciativas de recuperación de patrimonio etnográfico ou a creación de roteiros de sendeirismo. A proliferación de museos e centros de interpretación que se deu na actual xeira débese, segundo sinalan desde AGADER, a modificacións na convocatoria. Por unha banda, os proxectos teñen que ir sempre ligados a investimento e deben ter un carácter final, de xeito que non son susceptibles de os recibir proxectos en desenvolvemento. Pola outra, un reparto de competencias con Turismo deu en que sexa este departamento o que centraliza os proxectos de creación e desenvolvemento de rutas de sendeirismo, polo que as axudas a Axencia deixan de cubrir proxectos deste tipo.
Rehabilitacións
Desde a Axencia sinalan que nesta última convocatoria limitáronse as axudas á rehabilitación, debido en grande medida á proliferación de propostas de muÃños ou de fornos en anos anteriores. Deste xeito centráronse este tipo de proxectos en bens que posúen catalogación ou están recollidos nos plans de ordenamento urbanÃstico dos concellos. A intención é evitar investir en elementos que logo poden quedar sen promoción ou que presentan dificultades de acceso. No entanto, as rehabilitacións de bens de carácter histórico ou etnográfico continúan a ocupar boa parte das propostas que se aprobaron nesta liña de axudas. MuÃños, lavadoiros, fornos, cruceiros ou pontes son obxecto de 16 axudas no marco deste programa. Chama a atención neste apartado os 150.000 euros que recibirá o Concello de Arteixo (sobre un orzamento de case 200.000) para recuperar un muÃño destinado a aula da natureza. Neste campo, obsérvase o interese municipal para a recuperación de elementos de carácter etnográfico pouco comúns ou que ata o de agora non chamaran especialmente a atención das accións da administración pública, como é o caso do proxecto de rehabilitación da Cova do Polbeiro que propuxo o Concello de Valdeorras e que afectará a unha adega tradicional escavada ao carón dunha torre medieval. Pola súa banda, en Parada de Sil reivindican o patrimonio dos neveiros de Cebeza de Meda, antigos depósitos que se empregaban para conservar a neve.
Patrimonio inmaterial
Malia a esta masiva presenza de infraestruturas, as axudas contemplan tamén o apoio a proxectos vencellados ao patrimonio inmaterial, pero desde a Axencia sinalan que non recibiron moitas propostas neste sentido. Nesta liña insÃrense algunhas das iniciativas aprobadas, como é o arquivo virtual da imaxe que propuxo o Concello de PontomarÃn e que acadou 111.470 euros de axuda. A iniciativa pretende recuperar a memoria fotográfica do lugar e dixitalizar este material para o pór a dispor do público, unha liña para a que se presentaron outros proxectos aÃnda que non acadaron financiamento, e que semella marcar unha tendencia clara nos procesos de recuperación patrimonial do noso paÃs. Tamén no traballo co patrimonio inmaterial se enmarcan iniciativas como a Estartexia de valorización e difusión do patrimonio cultural do encaixe de Camariñas (1.463 euros).
Turismo
Canda aos grandes proxectos xa sinalandos, na liña centrada no Turismo aparecen tamén proxectos que vencellan o patrimonio coas novas tecnoloxÃas. Por unha banda en Esgos investirán 9.000 euros na “preservación monumental 3D do mosteiro de San Pedro de rocas”, dos cales recibiron 6.000, mentres en Amoeiro preprarn un “3D interactivo” centrado no patrimonio natural e cultural do concello, unha iniciativa de 60.000 euros que foi subvencionada con 20.000 .  No mesmo apartado atopamos medidas de todo tipo, desde o desenvolvemento de webs ou aplicacións para móbil ata construcións e rehabilitacións para desenvolver centros de información.
Todos estes proxectos non son, no entanto, as únicas liñas de axuda ao desenvolvemento rural. Convocáronse tamén no seu dÃa as destinadas a asociacións e aÃnda outras orientadas a empresas no campo das tecnoloxÃas da información e da comunicación. Haberá que agardar a elas para comprobar o peso especÃfico que a cultura acada nos proxectos para dinamizar o noso contorno non urbano.
Reportaxe sobre as axudas de AGADER (2009).AÃnda que están a descer nos últimos anos, a liña de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para concellos e comunidade para 2012-2013 supón un total de14.890.695 euros. A maior parte do investimento da liña de axudas a proxectos dinamizadores das áreas rurais se destina a “servizos básicos para a economÃa e a poboación rural”, o que inclúe desde parques de xogos infantÃs e circuÃtos biosaudables ata pistas de paddle ou áreas recreativas. No entanto, canda a isto, a convocatoria posúe liñas propias destinadas a accións de conservación e mellora do patrimonio cultural. Un valor de 1.304.135 euros distribuÃronse entre os 40 proxectos que solicitaron os concellos baixo o epÃgrade de Conservación e mellora do patrimonio cultural.
Grandes proxectos
Unha das actuacións que máis destacan no proxecto, por contÃa e polo agardado, é o acondicionamento do acceso ao Castelo de Pambre, cun orzamento de 101.549 euros e que conta cunha axuda que cobre o 85.21% do proxecto. AÃnda sen ter fechada oficialmente a adquisición deste monumento, a Xunta inviste no mesmo, o que fai prever a continuidade do actual programa de visitas ou un maior desenvolvemento do mesmo. Canda a este, no apartado de axudas dedicado ao Turismo (1.382.233 euros) atopamos outros dous proxectos que levan tempo a se anunciar, como son o centro de información e recepción de visitantes do Castro de Baroña, que leva 22.060 euros, e Centro de Interpretación da Cova do Rei Cintolo, que conta cunha axuda de case 26.000 e que leva tamén anos a se anunciar. Canda a estes nesta convocatoria verifÃcase unha aposta por proxectos ambiciosos, como é o museo e centro de interpretación da cultura dos pazos galegos que quere abordar o Concello de Lourenzá e que conta cun investimento de 117.471 euros por parte de AGADER (sobre un total de 132.168), ou o Museo Etnolúdico de Galicia que se porá en marcha en Ponteceso (111.197 euros de axuda sobre un total de 121.753). Outras propostas nesta liña son o  Ecomuseo de Coristanco (78.325) e a musealización da Torre da Homenaxe do Castelo de Castro Caldelas (60.861).
Equipamento
Cabe destacar que a práctica totalidade da axudas que aprobou a Axencia este ano foron para a construción e equipamentos de centros ou museos, mentres en anteriores xeiras abondaban iniciativas de recuperación de patrimonio etnográfico ou a creación de roteiros de sendeirismo. A proliferación de museos e centros de interpretación que se deu na actual xeira débese, segundo sinalan desde AGADER, a modificacións na convocatoria. Por unha banda, os proxectos teñen que ir sempre ligados a investimento e deben ter un carácter final, de xeito que non son susceptibles de os recibir proxectos en desenvolvemento. Pola outra, un reparto de competencias con Turismo deu en que sexa este departamento o que centraliza os proxectos de creación e desenvolvemento de rutas de sendeirismo, polo que as axudas a Axencia deixan de cubrir proxectos deste tipo.
Rehabilitacións
Desde a Axencia sinalan que nesta última convocatoria limitáronse as axudas á rehabilitación, debido en grande medida á proliferación de propostas de muÃños ou de fornos en anos anteriores. Deste xeito centráronse este tipo de proxectos en bens que posúen catalogación ou están recollidos nos plans de ordenamento urbanÃstico dos concellos. A intención é evitar investir en elementos que logo poden quedar sen promoción ou que presentan dificultades de acceso. No entanto, as rehabilitacións de bens de carácter histórico ou etnográfico continúan a ocupar boa parte das propostas que se aprobaron nesta liña de axudas. MuÃños, lavadoiros, fornos, cruceiros ou pontes son obxecto de 16 axudas no marco deste programa. Chama a atención neste apartado os 150.000 euros que recibirá o Concello de Arteixo (sobre un orzamento de case 200.000) para recuperar un muÃño destinado a aula da natureza. Neste campo, obsérvase o interese municipal para a recuperación de elementos de carácter etnográfico pouco comúns ou que ata o de agora non chamaran especialmente a atención das accións da administración pública, como é o caso do proxecto de rehabilitación da Cova do Polbeiro que propuxo o Concello de Valdeorras e que afectará a unha adega tradicional escavada ao carón dunha torre medieval. Pola súa banda, en Parada de Sil reivindican o patrimonio dos neveiros de Cebeza de Meda, antigos depósitos que se empregaban para conservar a neve.
Patrimonio inmaterial
Malia a esta masiva presenza de infraestruturas, as axudas contemplan tamén o apoio a proxectos vencellados ao patrimonio inmaterial, pero desde a Axencia sinalan que non recibiron moitas propostas neste sentido. Nesta liña insÃrense algunhas das iniciativas aprobadas, como é o arquivo virtual da imaxe que propuxo o Concello de PontomarÃn e que acadou 111.470 euros de axuda. A iniciativa pretende recuperar a memoria fotográfica do lugar e dixitalizar este material para o pór a dispor do público, unha liña para a que se presentaron outros proxectos aÃnda que non acadaron financiamento, e que semella marcar unha tendencia clara nos procesos de recuperación patrimonial do noso paÃs. Tamén no traballo co patrimonio inmaterial se enmarcan iniciativas como a Estartexia de valorización e difusión do patrimonio cultural do encaixe de Camariñas (1.463 euros).
Turismo
Canda aos grandes proxectos xa sinalandos, na liña centrada no Turismo aparecen tamén proxectos que vencellan o patrimonio coas novas tecnoloxÃas. Por unha banda en Esgos investirán 9.000 euros na “preservación monumental 3D do mosteiro de San Pedro de rocas”, dos cales recibiron 6.000, mentres en Amoeiro preprarn un “3D interactivo” centrado no patrimonio natural e cultural do concello, unha iniciativa de 60.000 euros que foi subvencionada con 20.000 .  No mesmo apartado atopamos medidas de todo tipo, desde o desenvolvemento de webs ou aplicacións para móbil ata construcións e rehabilitacións para desenvolver centros de información.
Todos estes proxectos non son, no entanto, as únicas liñas de axuda ao desenvolvemento rural. Convocáronse tamén no seu dÃa as destinadas a asociacións e aÃnda outras orientadas a empresas no campo das tecnoloxÃas da información e da comunicación. Haberá que agardar a elas para comprobar o peso especÃfico que a cultura acada nos proxectos para dinamizar o noso contorno non urbano.
Resolución da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia.