Derogar o decreto do plurilingüismo, crear unha rede Galega de Cinemas, paralización definitiva das obras da Cidade da Cultura, Proxecto Vilas de Cultura, crear un Plan director do libroÂ… estas son algunhas das propostas que saÃan á luz na campaña electoral. En plena recta final destas eleccións revisamos o programa dos partidos polÃticos para coñecer as propostas no ámbito da cultura que fan as tres forzas maioritarias con representación parlamentaria: Partido Popular, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego.
A importancia económica da cultura entra de cheo nos programadas dos partidos polÃticos de cara as eleccións deste domingo. Para Jesús Vázquez, número 1 polas listas de Ourense , o sector cultural “achega riqueza, supón case o 2% do PIB, e ocupa a máis de vinte mil traballadores” co que consideran que nesta lexislatura cómpre “afianzar a relación entre economÃa e cultura”. Moitas das accións do seu programa van encamiñadas cara esa visión como poden ser a “tarxeta turismo cultura”, a “busca dun pacto polo mecenado na cultura que nos permita complementar con financiamento privado o apoio aos creadores e á programación cultural”. No seu programa inciden especialmente nesta cuestión ao afirmar que as industrias culturais son “estratéxicas” e que cómpre “delimitar o eido de actuación da Axencias das Industrias Cuturais á Industria, remarcando o carácter empresarial e xerador de riqueza e emprego”. O Partido Socialista tamén toma as cifras da cultura como punto de partida, pero ofrece a súa proposta contempla outro camiño que, segundo explica Concepción Burgo, cabeza de lista desta formación pola provincia de Lugo, pasa polo “impulso de liñas de crédito para todas as fases dos procesos produtivos, desde o deseño como a creación, a baixo interese, co financiamento de intereses ou avais bancarios, entre outras medidas, as industrias culturais son diferentes e deben ter as súas propias liñas que contemple as particularidades para acceder ao crédito”. Ana Pontón, número 2 nas listas do Bloque Nacionalista Galego pola provincia da Coruña explica que “cómpre apoiar a existencia dun tecido empresarial galego que sustente con profesionalidade, sobre todo neste momento cando xa hai moitas empresas que acaban de pechar, outras con EREs e outras nunha situación crÃtica”. O BNG propón reorientación da Agadic cara a promoción das empresas culturais galegas e a difusión da nosa produción cultural, pero atendendo tamén a cuestións de base como son os sectores non profesionais como son as corais, teatro amadorÂ… que serven para construÃr e fidelizar públicos que sustentan as industrias culturais.
Os sectores produtivos: do audiovisual ao sector editorial
O audiovisual, campo de batalla polÃtico e que se concretou nesta lexislatura co peche da Axencia Audiovisual Galega e do Consorcio Audiovisual Galego cuxas competencias están reunidas agora na Agadic perde peso especÃfico con respecto ás anteriores eleccións. Para este sector estratéxico por lei, Concepción Burgo explica que os socialistas buscan a súa “polÃticas de potenciación con axudas que serán complementarias cunha polÃtica de acordo coa CVRTG para contratación de servizos e contidos”. O BNG reclama “unha institución independente e que teña capacidade de intermediación entre as diferentes partes implicadas” ao tempo que Pontón incide na necesidade de fixar criterios obxectivos que rexan as convocatorias de subvencions. “Hai unha falta de espazos de distribución e de exhibición por iso propomos unha Rede de Exhibición no que o noso cinema teña un lugar prioritario”. Precisamente, neste sentido o Partido Popular leva no seu programa “unha rede de cinemas” que asegura xa está en marcha. Polo demais, o PP incide no papel da CRTVG como motor do audiovisual, na necesidade de crear unha lei de publicidade institucional .
Jesús Vázquez destaca que o Partido Popular fixará unha especie de folla de ruta coa elaboración do Plan da cultura como “un documento en que se recollan as prioridades no investimento cultural público para toda a lexislatura, e onde se poidan propoñer mecanismos de concentración, cooperación e colaboracion entre todos os operadores e sectores culturais, co obxectivo de difundir axeitadamente a cultura galega e de asentar o tecido social e empresarial neste ámbito”. Nesa folla de ruta as súas accións pasan por seguir potenciando as unidades de produción da Agadic, o Centro Dramático Galego e o Centro Coreográfico Galego; crear imaxes de marca comerciais para vender os produtos con figuras como “embaixadores da cultura galega” que reforcen esas propostas. Para o sector editorial Vazquez resume que as proiridades pasan por ámbito lexislativo e normativo, como a “elaboración un Plan Director que actualice as prioridades da lei do libro e da lectura” e “por en marchas as previsións normativas da Lei de Bibliotecas de Galicia”. A este respecto, o BNG tamén leva ao seu programa elaboración de planos directores pero para sectores non profesionais que considera como elementos centrais da cultura galega.
A cidade da Cultura
Como era de esperar, a Cidade da Cultura ocupa epÃgrafes diferenciados nos programas dos diferentes partidos polÃticos. As formacións nas que militan Concepcion Burgo e Ana Pontón teñen claro que os dous edificios que faltan por facer non se rematarán. “Non pode ser que o orzamento para a polÃtica cultural estea condicionado pola construción dun edificio e polo tanto propoñemos que non se executarán nunca os edificios restantes, asà como definiremos un novo plan de viabilidade económica-financeira” asegura Pontón, mentres que Concepción Burgo alerta de que “haberá que coñecer cal é o estado dos acordos actuais para a paralización das obras e chegar a un acordo coas construtoras minimizando o custe para a cidadanÃa”. A lectura do Partido Popular é diferente xa que o complexo do monte Gaiás será, en palabras de Vázquez, “un dos motores do desenvolvemento cultural e Galicai”. RatifÃcase a paralización do remate dos edificios e asumen o contido do plan Gaiás “que establece un horizonte de investimento de 4.5 millóns de euros anuais”.
Patrimonio material e inmaterial
O sÃmbolos son importantes e iso sábeno ben os diferentes partidos polÃticos que levan ao seu programa o Panteón de Galegos Ilustres. Tanto o PP como o BNG defÃneno como un sÃmbolo do pobo galego e como un elemento singular da identidade de Galicia. O Partido Popular propón que sexa a con forma de Lei, tomando como partida unha proposta feita polo Consello da Cultura Galega. O BNG incide nese aspecto pero vai un pouco máis alá ao reclamar a titularidade pública preservando o seu uso civil e laico. Ana Pontón sitúao tamén nun contexto diferente xa que asegura “revisaremos as relacións da Igrexa e a Xunta no que ten que ver co patrionio eclesiástico xa que á vista está que hai carencias importantes en como se está a levar a diante a súa intervención e conservación”. Ademais, a proposta do BNG tamén pasa polo establecemento de Planos Directores Territoriais do patrimonio que definan as necesidades e estratexias. A proposta socialista pasa, en palabras de Concepción Burgo, “hai que facer un plan estratéxico que estableza o que é máis urxente, o máis rápido, e pasa tamén por implantar polÃticas de I+D tanto en formación e investigación”.
A lingua
A postura do idioma non pode partir de puntos máis afastados. Para BNG e PSdG-PSOE a proposta pasa inexorablemente pola derogación do decreto do plurilingüismo. Ana Pontón considera que “só asà se pode retomar o consenso e revisar toda a polÃtica de convenios e normalización lingüista á que lle hai que dar un cambio”. A socialista Concepción Burgo explica que o seu partido “alén de derogar o decreto, buscarase formular outra proposta de consenso que irá en paralelo a ampliar espazos de desenvolvemento do idioma como os medios de comunicación, os xulgadosÂ….” O Partido Popular que considera o idioma como "mostra da nosa riqueza e como sinal de identidade", non só continuará co decreto senón que avanzará no desenvolvemento de normas de protección e extensión da lingua galega e Jesús Vázquez insiste que a aposta para por impulsar a proxección exterior do galego "como ferramenta de intercompresión lingüÃstica cos máis de 270 millóns de falantes de portugués no mundo potenciando con medidas activas un achegamento aos paÃses da LusofonÃa".
A cultura como ConsellarÃa
Mentres que o Partido Popular non se manifesta sobre a recuperación da consellarÃa de Cultura, o BNG é rotundo na súa postura “para nós é claramente unha consellarÃa” mentres que Concepción Burgo asegura “é necesaria porque somo s unha comunidade histórica, cun estatuto particular e con cultura e lingua propia e precisa dunha xestión individualizada, con todo é unha competencia do presidente da Xunta de Galicia que fixa a estrutura orgánica”.
“Para nós a cultura está intimamente unida á lingua, que está unido a unha parte da nosa identidade. E que por suposto é un dereito dos cidadáns que temos que protexer e potenciar” explica Concepción Burgo, deputada que fixo parte da comisión de cultura desta lexislatura no Parlamento. Compartindo fronte común na oposición estaba Ana Pontón, deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e número 2 pola provincia da Coruña, que entende que “a cultura é unha parte fundamental da identidade dos pobos que ten que ver coa lingua, cos seus valores, tamén co seu patrimonio a través das diferentes expresións artistas como as artes escénicas, o audiovisual, as artes plásticas, plásticas, o libroÂ…. Son manifestacións culturais amplas nas que tamén terÃan que estar aà as nosa tradicións orais, o patrimonio cultural e inmaterial co que conta Galicia que é un momento inmenso e que está nun momento de crise polo proceso de globalización e polas polÃticas antigalegas que aplicou o goberno ao longo desta lexislatura”. A esa definición de cultura, e seguindo unha liña de pensamento que está a xurdir e en toda Europa, o PsdG-PSOE inclúe “a moda, o turismo, a arquitectura e a gastronomÃa” no que pode ser a definición da cultura. Para o Partido Popular, “consideramos que a cultura constitúe un elemento central do noso desenvolvemento como pobo, por iso representa un dos piares da gobernanza de Galicia. Daquela defendemos que a cultura sexa un foco de enerxÃa, un motor da sociedade do coñecemento e un piar da proxección económica”. Maia que existen temas de concomitancia nos diferentes ámbitos que pode cubrir un concepto como cultura, cuxas competencias están cedidas ás comunidades autónomas e , polo tanto son soberanas, o detalle de cómo se establece cada acción marca diferenzas grandes estre os partidos.