A imaxe de RosalÃa de Castro está a mudar. Novas perspectivas de investigación sobre esta autora fundamental das nosas letras coinciden ca remuda na fundación que leva o seu nome. Proxectos de divulgación, a celebración dos 250 anos de Cantares Gallegos e outras iniciativas amosan unha imaxe da poeta que difire en boa medida da icona popular.
No marco do X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, celebrado en Cardiff hai dúas semanas, convocouse un Seminario Rosaliano, no que diferentes investigadores amosaron as últimas achegas arredor da poeta. Entre os relatores estaba Anxo Angueira, presidente da Fundación RosalÃa desde o pasado mes de xuño. “Este encontro demostra que RosalÃa está moi viva e que se están a dar avances na investigación rosalianista”. Para el, estes avances cÃfranse sobre todo “nas relecturas que se fan” da autora. “Ten unha grande importancia o traballo no ámbito feminista, pero eu entendo que o grande avance é a concepción global e sistémica que está a ter sobre RosalÃa”. É dicir, o feito de considerar a autora atendendo tanto á súa obra en galego como a escrita en castelán, á prosa ou á poesÃa. Este perspectiva permite unha aproximación “ao pensamento global dunha escritora global. Non se poden ler os Cantares Gallegos sen ter en conta o que xa fixera en La Flor ou o que farÃa logo en Follas novas. Agora tendemos a coller unha perspectiva global que tamén nos pode axudar a avanzar na análise da súa figura, do seu pensamento e estratexias e mais ver o que representa”.
A icona
Unha das peculiaridades da figura da poeta de Padrón é o seu carácter icónico para o paÃs. “O pobo tena como emblema nacional” admite Angueira. Isto deu nunha concepción popular da súa figura única nas nosas letras, cunha caracterÃsticas ben definidas e difÃciles de mudar. “é lóxico que os perfÃs máis delicados ou sinuosos da súa figura lle sexan alleos a moita xente, pero en xeral o pobo galego sabe moi ben o que representa e o que é máis importante nela, o cultivo e a dignificación da lingua propia. Ela é a muller humilde que o deu todo polo seu pobo, e fai a representación literaria das principais alegorÃas do pobo, entre elas na emigración”, apunta o presidente da Fundación. Malia ás novas perspectivas, non semella que en breve esa visión icónica da poeta poida mudar. “Os avances que se dan na investigación non aparecen automaticamente nos libros de texto, é unha cuestión de anos. A visión segue a ser ás veces interesadamente tópica, pero penso que a idea da RosalÃa mansiña e lacrimóxena está superada ou en vÃas de superación”.
Mudanzas
Nese sentido, Angueira recoñece que as mudanzas están a se multiplicar nos últimos anos. “En xeral hai un activismo pro rosalianista, tanto no mundo social como a nivel polÃtico, artÃstico ou literario. E o mundo académico non é alleo a este activismo”. Encol das razóns polas que se están a dar nestes ultimos anos estas novas aproximacións, o presidente da Fundación RosalÃa recoñece que existÃa un respecto pola figura que puido dificultar a aposta por novas interpretacións do seu traballo. “Xa desde finais do século XIX e da man do propio MurguÃa produciuse unha canonización de RosalÃa que logo deu nunha certa sacralización, ténselle moito respecto”. Malia a isto, apunta que “o rosalianismo estivo sempre vivo”, e cita as achegas que se fixeron desde o grupo de Ramón Piñeiro, Lois Pimentel, as análises sociolóxicas de Francisco RodrÃguez ou as lecturas desde óptica feminista que se suceden desde os anos 90. A esta “Autores tan extraordinarios como ele non se esgotan nin se esgotarán xamais”.
Cuestións pendentes
Dentro dos ámbitos pendentes de investigación arredor da autora, Angueira cita, por exemplo, a ausencia dunha biografÃa. “Hai moitas nebulosas sobre a súa vida, e logo tamén se ve cun especial respecto” que dificulta que se fagan propostas neste sentido. Canda a isto, “pódese dicir que cómpre unha edición da obra completa que amose esta visión sistémica. Tamén hai que facer unha análise do suxeito polÃtico literario que introduce nas nosas letras en relación á muller, son moitas cousas, e nós temos que facer o traballo que nos corresponda neste tempo, pero RosalÃa non se esgotará co noso traballo”.
Desde a fundación
Desde a propia Fundación teñen clara a súa aposta por contribuÃr a difundir a imaxe a poeta. Dando por fechada a crise que o levou á presidencia da entidade, logo da dimisión de Helena Villar, Angueira apunta que “as cousas van ben, e a Fundación vai desenvolver o seu traballo con normalidade”. Entre as novidades do seu mandato apunta o obxectivo estratéxico de que entidade acade unha maior autonomÃa financeira. Con esta perspectiva, un dos primeiros proxectos nos que se embarcará a entidade será a renovación da Casa Museo de RosalÃa en Padrón. Un convenio coa Xunta e o apoio de fondos FEDER da Unión Europea permitirán abordar unha primeira remodelación que busca acondicionar o espazo, eliminando humidades e mellorando o sistema eléctrico. A partir de aÃ, comezará o proceso de redefinición museográfica do conxunto, un proxecto para o que Angueira recoñece que aÃnda non dispoñen de financiamento. “A casa museo ten 40 anos, hai que renovar e actualizar o seu perfil museográfico, achegando as novas tecnoloxÃas para permitir un labor interpretativo da figura, temos que facer un museo para o pobo”. Para Angueira, “se o perfil do centro é mais actual, se implicas a cidadanÃa e o mundo escolar, se fas actividades e creas alà unha dinámica social, cultural e literaria, podes crear unha independencia económica que nos permita sobrevivir”.
Máis difusión
Canda a este proxecto, o vindeiro ano veremos un grande evento que dará a coñecer en boa medida os avances na investigación sobre a poeta e que supón o outro grande reto inmediato para a fundación. Trátase da celebración dos 250 anos da publicación de Cantares Gallegos. “É todo un emblema, supuxo a fundación da literatura galega contemporánea”. Unha grande exposición en Vigo, lugar de edición da obra, abordará a autora, o libro ou cuestións como o papel da muller na nosa literatura ou o mundo da edición na época. A máis longo prazo, apunta que “deberiamos reformar o auditorio da fundación e mais o Centro de Estudos Rosalianos, que está descoidado e case non se emprega, pero hai que buscar aÃnda como desenvolver iso”. Antes diso chegará un novo web que busca facilitar a difusión social da figura da poeta. “Cómpre abrir a RosalÃa de Castro a mundo social, para alén do académico e do literario. É unha necesidade que nos impomos e que resulta lóxica”, conclúe o presidente da Fundación.