O Museo Provincial de Lugo acollerá mañá o resultado dunha experiencia singular: o espectáculo multimedia “Florencio dos Vilares: música, palabra e imaxe” que versiona desde a actualidade o amplo repertorio musical e oral do último dos cegos cantores de Galicia. Falamos coa coordinadora para coñecer en detalle o proxecto.
Na Fonsagrada viviu, ata mediados dos 80, o último dos cegos cantores, o señor Florencio, o “cego dos Vilares”. Violinista e cantor, chegou ata unha época na que puido ser gravado con medios modernos de grabación, e del se ocuparon etnomusicólogos como Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, asà como numerosos afeccionados. A súa figura, moi coñecida na Fonsagrada, deu pé para organizar o Proxecto Florencio, unha iniciativa da Central Folque que consiste nun proxecto pedagóxico e escénico que explora o repertorio de Florencio dos Vilares. O resultado é un espectáculo titulado Florencio dos Vilares, música, palabra e imaxe que se interpretará no Museo Provincial de Lugo este xoves 6 de setembro a partir das 20:30 h.
“O espectáculo é o resultado dun ano de ensaios”, asegura Gema Pérez, coordinadora do proxecto desde a Central Folque. Un equipo de 15 músicos dirixidos por Germán DÃaz, van interpretando pezas inspiradas nas melodÃas do Cego dos Vilares, nunha pequena agrupación de violÃns, acordeóns, zanfonas, flautas traveseiras, gaitas, clarinetes... Proxeccións de vÃdeo, fotografáis e mesmo contos relatados polo narrador oral de LalÃn Celso SanmartÃn crean ao redor do espectáculo o contexto rural no que esta música era maiormente intrepretada.
O Proxecto Florencio ten cerna pedagóxica. “Temos alumnado que leva moitos anos na escola”, sinala Gema Pérez, “e que ten un manexo bastante avanzado dos instrumentos. Queriamos ofrecerles experiencia escéncia e un profesor alleo á escola”. Os músicos traballaron nos arranxos e nas adaptacións e este será o seu segundo concerto, despois da estrea na Fonsagrada.
A Fonsagrada foi o núcleo central do proxecto a todos os efectos. “A estrea foi unha explosión de emocións incrible”, asegura Gema Pérez, “estaba alà presente xente que o recollera, xente que o coñecÃa e mesmo familiares”. O equipo traballou co sistema de ensaios abertos, para que os veciños puideran ir coñecendo que é o que se estaba facendo, e con sesións tanto no colexio como no instituto do concello, espertando a curiosidade polo señor Florencio nos nenos. Ata a Fonsagrada tamén acudiron expertos en musicoloxÃa para falar sobre as experiencias de recollida ou sobre a análise das modalidades musicais do cego dos Vilares. “Non só o aspecto musical é importante aquÔ, indica Pérez, “tamén o pedagóxico, a todos os efectos, é fundamental”.
“A nós o Proxecto Florencio como formato funcionounos moi ben”, asegura a coordinadora da Central Folque, que non dubida en pensar que o Proxecto Florencio pode ser perfectamente reeditable con outras figuras sobranceiras da memoria da nosa música popular, noutras localidades galegas.