Ser licenciado ou diplomado, demostrar traxectoria profesional na xestión de empresas audiovisuais e na xestión de actividades culturais, formación especÃfica no sector audiovisual e coñecementos de galego. Estes son os requisitos e criterios puntuables para o porto de coordinador/a do Departamento de PolÃtica Audiovisual da Agadic. A convocatoria, que se pode consultar no web da Axencia, servirá para designar a persoa que establecerá os programas de cooperación, impulsará a relación entre os distintos axentes culturais e a relación entre os distintos axentes culturais galegos no eido audiovisual e aliados no exterior. O prazo de presentación de solicitudes remata hoxe e o posto estará remunerado con 39.432,89 euros brutos anuais.
A convocatoria é o resultado do Estatuto de Agadic (Decreto 150/2012, publicado no DOG 135) que crea este novo departamento co que se pon fin a unha vella reivindicación do sector de unificar as competencias nesta materia. Nel fÃxanse as súas liñas e ámbitos de actuación para o desenvolvemento da polÃtica audiovisual. Ademais, establece que os criterios para escoller ao persoal directivo son, segundo ese texto, “atender a principios de mérito e capacidade e a criterios de idoneidade e levarase a cabo mediante procedementos que garanten a publicidade e a concorrencia”.
Bases da convocatoria.A convocatoria é o resultado do Estatuto de Agadic (Decreto 150/2012, publicado no DOG 135) que crea este novo departamento co que se pon fin a unha vella reivindicación do sector de unificar as competencias nesta materia. Nel fÃxanse as súas liñas e ámbitos de actuación para o desenvolvemento da polÃtica audiovisual. Ademais, establece que os criterios para escoller ao persoal directivo son, segundo ese texto, “atender a principios de mérito e capacidade e a criterios de idoneidade e levarase a cabo mediante procedementos que garanten a publicidade e a concorrencia”.