Será a persoa responsable da xestión económica financeira e de persoal da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A entidade busca a persoa que coordine o departamento de xestión mediante un concurso público que estará aberto ata o sábado 23. Trala aprobación dos estatutos da entidade, a Agadic estrutúrase en cinco áreas de traballo. Alén do departamento mencionado, está o de Fomento e Promoción de PolÃticas Culturais, o de PolÃtica Audiovisual, o de Produción Teatral e o de Produción Coreográfica. Esta convocatoria chega uns meses despois de que a Axencia Galega das Industrias Culturais convocou as prazas relativas a produción teatral e polÃtica audiovisual.
Ter titulación universitaria, ser español e maior de idade son os requisitos que ha de cumplir a persoa candidata. Segundo o artigo 23 dos Estatutos as súas funcións son dirixir o departamento de administración e económico-financeiro; coordinar os restantes departamentos da Axencia, asà como supervisar e inspeccionar o funcionamento dos servizos, dependencias e centros adscritos da Axencia; executar as directrices emanadas da Dirección en materia de persoal; elaborar estatÃsticas e informes para a Dirección, referidos á xestión do centro, persoal e programacións propias da Agadic.