Os Estatutos de Agadic integran as competencias de audiovisual na súa estrutura

Fixa como obxectivos a promoción, distribución e comercialización da industria cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Xestión, Fomento e Promoción de Políticas Culturais, Política Audiovisual, Produción Teatral e Produción Coreográfica. Estas son as áreas de competencia da Axencia Galega das Industrias Culturais. Así o explicitan os Estatutos da entidade tal e como aprobou onte o Consello da Xunta. Para Alberto Núñez Feijoo a medida supón a “fusión do Consorcio Audiovisual de Galicia na Agadic formando unha única institución” tal e como apuntou na rolda posterior ao Consello. Son os primeiros estatutos de Agadic desde que a transformación do antigo Instituto Galego das Escénicas en Axencia e fixa desde a súa área competencial, a estrutura administrativa, o seu réxime orgamentario e os obxectivos da entidade. Entre eles, “impulsar a creación e desenvolvemento de empresas”, “favorecer produtos que difundan a lingua, a cultura e as tradicións propias de Galicia”, tal e como figura na referencia de prensa que recolle os acordos do Consello da Xunta.

A nivel administrativo, créase o primeiro consello Reitor da Agadic e defínese a súa composición e funcións, fíxanse os órganos de goberno e estrutura administrativa da Axencia, as súas correspondentes funcións, así como o órgano de control, a súa natureza e réxime xurídico. Respecto da xestión económica e control, establécese o seu réxime orzamentario, contable e de información económica e establécense uns mecanismos de xestión transparente.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Galega das Industrias Culturais, Consorcio Audiovisual de Galicia, Natureza