O Consello da Xunta nomea a Miguel Martín como director da Axencia das Industrias Culturais

O nomeamento foi proposto pola conselleira de Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) xa ten director. Chámase Miguel Martín e ocupaba ata o momento o cargo de xerente do Instuto Galego das Artes Escénicas e Musicais, IGAEM, entidade que desaparece en prol de Agadic. Licenciado en Socioloxía, en Ciencias Políticas e diplomado en Administración e Dirección de Empresas pola UNED, Miguel Martín é o encargado de elaborar o proxecto de estatuto da Axencia, as súas normas de réxime interior e os centros e unidades adscritos.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Martín, Artes Escénicas, IGAEM, UNED...