Agadic creará axudas automáticas para o sector audiovisual

O importe total das axudas para o 2009 ascenderá a 2.700.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Bolsas de formación e axudas automáticas. Estas son as principais novidades para o audiovisual galego por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). O balance foi anunciado por Miguel Martín, director da AGADIC o pasado venres, no marco dunha xornada informativa sobre as axudas da Comisión Europea. Ademais, Martín apuntou que o orzamento total para subvencións ao sector da Axencia para este 2009 ascende a 2.700.000 euros. A convocatoria prevese que saia publicado no DOG nos vindeiros días.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Martín, Comisión Europea, Axencia Galega das Industrias Culturais, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)