AGADIC volve convocar as axudas ao sector audiovisual por importe de 7.1 millóns de euros

A convocatoria sairá publicada no DOG nos vindeiros días

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Mentres continúa sen se aclarar o organigrama administrativo que afecta ao sector audiovisual, a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convocará, por segundo ano consecutivo, as axudas para este sector. En total destinará 7.1 millóns de euros (280.000 euros máis que no 2009) a producir, desenvolver e amortizar os custos de producións de traballos audiovisuais. Malia que a convocatoria sairá publicada no DOG nos vindeiros días, desde Agadic aseguran que se seguirá na mesma liña do ano anterior (axudas automáticas, primas para directores noveis e para mulleres). Entre as novidades para este ano destaca que as series de animación se inclúen dentro das subvencións a producións ou coproducións audiovisuais.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Mulleres, Axencia Galega das Industrias Culturais