Agadic recupera as axudas a talento

Destina a este fin 66.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Logo dun ano sen convocarse, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de facer pública a través do DOG de hoxe (1 de xullo) a convocatoria das axudas a talento. A contía que se reserva para este fin é de 66.000, moi lonxe dos 150.000 convocados en 2011 e máis aínda dos 500.000 da orde de axudas de 2009.

Tal e coo establece a orde, esta liña de axudas pretende “fomentar a creación cultural no campo do sector audiovisual e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes ou longametraxes dixitais de decidida vocación artística e cultural realizadas por creadores individuais”.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Galega das Industrias Culturais