A AGADIC convoca catro liñas de axudas á industrias culturais

Anuncia os apoios á produción escénica, ás salas privadas, ao talento audiovisual e aos festivais cinematográficos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

No medio das festas, a Axencia Galega das Industrias Culturais acaba de facer pública a convocatoria de catro das súas liñas de axuda para 2016, para as que destina un total de 920.000 euros. En concreto, son as subvencións á produción escénica, ás salas privadas, á promoción do talento audiovisual e aos festivais cinematográficos as que abre os seus prazos. Destas, incrementan a súa contía un 16 por cento os apoios aos festivais de cinema, que repartirán un total de 105.000 euros. Manteñen as súas contías as liñas destinadas a apoiar o talento audiovisual, con 145.000 euros, as de produción escénica, que fican con 600.000 e as orientadas a salas escénicas privadas, que repartirán 70.000 euros.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Das cifras e das axudas

Das cifras e das axudas

Agadic convocará a axudas a produción audiovisual e escénica así como as de talento

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Axencia Galega das Industrias Culturais

Claves

Conceptos