Era o debut de Jacobo Sutil, director das Axencia Galega das Industrias Culturais no Parlamento. ComparecÃa na Comisión cuarta de Cultura a petición propia para debullar cales serán as liñas de acción do seu departamento para os vindeiros meses. No último turno de réplica anunciou que convocarán as liñas de axuda a produción ou coprodución audiovisual en lingua galega, a produción escénica e a talento audiovisual. A oposición reclamoulle explicacións por unha auditoria que está a facer a empresa Deloitte sobre as débedas da administración co sector cultural.
Era unha comparecencia moi agardada polo sector e non foi ata a súa última intervención, sen dereito a réplica, cando Jacobo Sutil concretou as principais medidas a curto prazo. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convocará neste ano varias liñas de axuda: no que afecta ao sector audiovisual, haberá axudas a produción e coprodución audiovisual en lingua galega asà como a convocatoria para promover o talento (esta liña, levaba sen convocarse desde 2011). Ademais, no que atende ao financiamento buscarán un convenio con Audioviusal S.G.R, unha sociedade de garantÃa recÃproca e continuar cos proxectos de internacionalización para asistencia a mercados.
No eido escénico haberá axudas a produción, que se sumarán a única liña de axudas xa convocadas para festivais escénicos e musicais a desenvolver en Galicia. Con todo, Sutil non explicitou as partidas de cada liña de axudas e anunciou que se continuarán a revisar e perfeccionar as bases para mellorar o sector.
Liñas de acción
Con todo, o resto de liñas de acción agrupadas en dous sectores: audiovisual dunha banda e escénico e musical da outra, que Sutil desenvolveu no Parlamento eran accións xa anunciadas no marco da actividade das diferentes unidades do seu departamento ou mesmo da SecretarÃa Xeral de Cultura, como a colaboración entre esas dúas entidades de fornecer dunha axenda cultural no marco dos Telexornais.
Só unha novidade, a concreción dunha idea bosquexada hai un tempo e que se porá en marcha nos vindeiros meses. Trátase da rede de exhibición cinematográfica de titularidade pública, que se materializa nos uso dos espazos propiedade dos concellos para exhibir cinema galego. O destacado desta medida é que esas entradas servirán de cómputo para as axudas a amortización do ICAA. O resto de programas son xa coñecidos e feitos públicos con antelación, como o intercambio coa lusofonÃa a través do programa escénico Troco por troco.
No marco do apoio á mocidade, anunciou a activación dun programa de formación audiovisual nas aulas (aÃnda que non precisou se seguirá con ese nome, como tiña o extinto Consorcio Audiovisual Galego ou utilizará outra denominación), as campañas escolares do Centro Dramático Galego (as xa desenvolvidas coa produción DÃas sen gloria e as que faltan por vir), asà como a colaboración que esta entidade desenvolve tanto coa ESAD como coas escolas de teatro das diferentes universidades públicas. No ámbito da danza, os 13.000 espectadores do proxecto Crebanoces, que fará unha segunda xira a final de ano, marcará o camiño a seguir por parte do Centro Coreográfico Galego. Esta unidade de produción tamén homenaxeará a RosalÃa de Castro co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
As cifras
Foi unha comparecencia tensa marcada por unha discrepancia nas cifras. Sutil comezou bosquexando o contexto económico xeral e particular para xustificar o que virÃa despois, as liñas de actuación do seu departamento, pero citou fontes do INE para facer referencia ao número de empresas que operan no sector cultura e que cuantificou en algo máis de dúas mil. Un indicador que foi duramente contestado polos grupos da oposición que destacaron, precisamente, que os números debuxaban unha realidade moi negativa. Sobre todo, no que afecta ao emprego, onde a destrución de emprego cultural é claramente superior que no contexto estatal, “concretamente o do dobre do resto do Estado segundo cifras do Observatorio da Cultura” citou Ana Pontón e que apoiaron tanto Fon RodrÃguez, de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) como Concepción Burgo, do PsdG-PSOE. Precisamente esta última deputada foi especialmente incisiva á hora de preguntar “cales eran as débedas contraÃdas pola administración en anos anteriores e canto compromete o orzamento actual”. Unha cuestión que situou na redución orzamentaria de Agadic, que cifrou do 70% nos dous últimos anos.
De cifras e de débedas falaron todos os grupos polÃticos (menos o do Partido Popular, que pediron xustificación dunha auditorÃa que a empresa Deloitte está a realizar e que pasou formularios, en castelán, ás empresas do sector cultural para comprobar os impagos da administración. Un proceso que Sutil xustificou aludindo a unha práctica de traballo normal nas auditorÃas na que “todos sabemos como funcionan as auditorÃas e resulta habitual o proceso de circularización dos saldos para verificar que coinciden. Ese é o motivo que se lles pida os seus saldos”. Nese sentido, explicitou que “ao principio houbo demora nos pagos pero que esa situación xa non se dá”.