A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) destina un importe global máximo de 50.000 euros para impulsar o asociacionismo profesional no ámbito das industrias culturais, entre os traballadores e as empresas dos distintos sectores, e poder aumentar a súa presenza e competitividade nos mercados culturais. Concederase unha dotación unitaria máxima de 15.000 euros por entidade beneficiaria e o prazo para a presentación de solicitudes rematará o 28 de xuño.
Con esta convocatoria de axudas, que recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere impulsar a cooperación e o asociacionismo entre os traballadores e as empresas dos distintos sectores culturais, asà como aumentar a presenza do sector profesional e a súa competitividade nos mercados culturais, en especial no apoio ás exportacións de bens e servizos culturais galegos.