Dolores Meijomín coordinará a política audiovisual da Xunta

Substitúe no posto a Anxo Quintanilla, quen cesou en marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O pasado venres celebrouse unha xuntanza do Consello Reitor de Agadic na que se decidiu, entre outras cousas, designar a Dolores Meijomín (Lalín, 1970) como coordinadora do Departamento de Política Audiovisual. Entre as súas funcións destaca, segundo unha nota de prensa de Agadic, "impulsar a relación entre os distintos axentes culturais galegos no ámbito do audiovisual e os seus posibles aliados no exterior, ademais de establecer programas de cooperación cara a promoción do audiovisual galego con outros centros de similares características ás da Agadic". Meijomín leva anos vencellada á política audiovisual en diferentes departamentos como a secretaría xeral de Medios ou o Consorcio Audiovisual Galego pero tamen na propia Agadic, onde se encargaba da presenza do sector audiovisual nas feiras sectoriais (EFM de Berlín, Miptv, Mipcom e Marché du Film de Cannes, Ventana Sur de Bos Aires, etc.) e en festivais internacionais.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Berlín, Bos Aires, Lalín...