A pasada fin de semana DublÃn acollÃa, un ano máis, o tradicional roteiro no que unha multitude percorre os escenarios da cidade onde transcorre a coñecida novela Ulises, de James Joyce. AÃnda que no noso paÃs o equivalente máis próximo é o roteiro literario de A Esmorga, que percorre Ourense tralos pasos da obra de Blanco-Amor, nos últimos temos están a se multiplicar as opcións para coñecer, paso a paso, os lugares onde transcorren obras literarias.
A posibilidade de percorrer os lugares nos que se desenvolve unha obra de ficción ten un atractivo especial para moitos lugares. Malia a que no noso paÃs este tipo de produtos derivados das edición non tivo ata o de agora moitas iniciativas, aos poucos semella irse implantando este achegamento fÃsico á literatura.
Ourense e Dodro
No noso paÃs, o pioneiro foi o roteiro literario da Esmorga, nado en 1997 da man do Clube Cultural Alexandre Bóveda e mais o Concello de Ourense. Marcos Valcárcel e Alfonso MorxandÃn elaboraron un itinerario no que se mesturaban os espazos literarios da novela con lugares vencellados á vida do seu autor. Canda á realización de roteiros organizados, o web do Concello permite descargar o folleto que segue esta vÃa e ademais oito placas colocadas en diferentes espazos da cidade lembran cadansúa escena da narración. Menos coñecido, aÃnda que tamén moi traballado, é a proposta que se fai desde o Concello de Dodro arredor da obra Pensa Nao, de Anxo Angueira. En maio de 2011 comezaba a andar esta iniciativa que inclúe a edición dun folleto informativo e mais dun vÃdeo no que o propio autor percorre os lugares da súa novela e fala sobre eles.
Na busca da Praia dos afogados
No entanto, non cabe dúvida de que unha das experiencias recentes que amosan ata que punto este tipo de propostas resulta de interese para o público é o roteiro que organiza a editorial Galaxia a partir da obra A praia dos afogados de Domingo Villar. A costa de Panxón, en Nigrán, acolle unha actividade que, desde o comezo do curso 2009-2010, acolleu aproximadamente sete mil visitantes. Segundo explica Xulio Amigo, coordinador desta actividade, “está dirixido basicamente a rapaces e rapazas de ensino medio, que leron a obra na materia de literatura galega”.
O proxecto
O proxecto contara xa cun precedente desenvolvido desde a mesma casa que foi o roteiro que percorrÃa Culleredo a seguir a obra As rulas de Bakunin de Antón Riveiro Coello. “Naquel caso fora unha iniciativa do autor e funcionara estupendamente, participaran moitÃsimos centros de ensino. Entón ao ler A praia dos afogados, que ten un escenario tan definido e cun papel tan importante na trama, vimos clara a oportunidade de artellar o roteiro e falamos con Domingo para que el opinara sobre qué espazos debiamos destacar”. Co apoio de concello púxose en marcha unha actividade na que a actriz e narradora oral Ana Carreira presenta os personaxes, fala dos espazos e da relación coa trama e explica mesmo o papel de determinadas cores na novela. Logo dela, Xosé Lois Vilar, director do Instituto de Estudos Miñoranos, colle o relevo para explicar cuestións xeográficas como as caracterÃsticas da costa ou etnográficas, como as artes de pesca.
Camiñar cos fillos do mar
De xeito máis recente, vimos a plasmación nun roteiro dos escenarios doutro grande éxito literario. Desta volta tratouse de Os fillos do mar de Pedro Feijoo, que o autor plasmou nun roteiro para Faro de Vigo pola Cidade OlÃvica co xornalista Salvador RodrÃguez. Bares, hoteis, praias e as Illas CÃes e Ons amosan o aspecto real do escenarios e permÃtenlle ao lector visitalos.
Compostela dos trobadores
A mais recente incorporación a este tipo de propostas remóntase séculos na nosa historia. A obra O amor que eu levei de Santiago de Yara Frateschi Vieira, Isabel Morán e José A. Souto Cabo localiza as referencias a diferentes lugares da cidade de Compostela e dos arredores nas nosas cantigas medievais. No libro, editado recentemente por Toxosoutos, aparecen espazos tan concretos, e aÃnda existentes, como a Catedral, os templos e mosteiros de Santa MarÃa Salomé, San Domingos de Bonaval ou San Martiño Pinario ou espazos como a Rúa do Preguntoiro ou a Praza de Cervantes adoptan unha dimensión literaria nos versos dos trabadores da Idade Media e permiten un xeito diferente de se achegar a estes espazos. Os autores tratan na obra, por unha banda, os trovadores que estiveron directamente relacionados coa cidade galega, e pola outra, aqueloutros que a coñeceron por referencias alleas.
Deste Culturagalega.org, pola nosa banda, temos tamén apostado por este tipo de relacionamento coa poesÃa con propostas como o percorrido que fixemos por Compostela canda a Marcos Calveiro polos escenarios da súa novela Festina Lente ou a xeolocalización de poemas vencellados á Costa da Morte.
Outros xeitos de ver as letras
En canto ao efecto que iniciativas coma estas teñen sobre os lectores, Amigo destaca que no caso da obra de Villar “o roteiro neste caso supón un broche, é a guinda que lle pomos ao traballo que se desenvolve na aula. Dálle aos participantes outra perspectiva sobre a obra. Contrastar a imaxe que un tiña do escenario coa realidade resulta moi enriquecedor, dálle máis atractivo á obra. Resulta unha actividade moi gratificante tanto para os rapaces como para nós”.
A aposta por este tipo de iniciativas promete continuar de cara ao futuro. Desde Galaxia, cando menos, teñen previsto seguir. “Todos os lectores de Domingo Villar agardamos que saia a terceira novela, que se desenvolverá no Morrazo, e mais concretamente en Moaña. Haberá que a ler e ver se dá para artellar outro roteiro. En todo caso, se non é con esa obra, de certo habemos de seguir a iniciativa con outras”, asegura amigo. Canda a isto, para o vindeiro curso está previsto que se poida seguir visitando a praia dos afogados, en Panxón. E de certo non han ser os únicos.
Folleto do roteiro literario de A esmorga no web do Concello de Ourense.A posibilidade de percorrer os lugares nos que se desenvolve unha obra de ficción ten un atractivo especial para moitos lugares. Malia a que no noso paÃs este tipo de produtos derivados das edición non tivo ata o de agora moitas iniciativas, aos poucos semella irse implantando este achegamento fÃsico á literatura.

Itinerario de Os fillos do mar no Faro de Vigo.