A Barrié trae a Vigo o traballo da Escola de Ulm

A mostra Deseño de Sistemas. Escola de Ulm acolle algunhas das iconas do deseño do século XX

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Imaxe de presentación da mostra da Escola de Ulm

Imaxe de presentación da mostra da Escola de Ulm

Aparellos da marcha Braun. O mapa do metro de Londres. Folletos de Lufthansa. Todos estes elementos, e moitos outros, atópanse desde o pasado 7 de xuño na sede viguesa da Fundación Barrié. A exposición Deseño de Sistemas. Escola de Ulm, coordinada polo Disseny Hub Barcelona, recolle en cinco grandes áreas (sistemas de moblaxe, sistemas de construción, sistemas de electrónica, identidade corporativa e sistemas de comunicación) o traballo deste prestixioso centro de deseño, continuador da Bauhaus, ao longo do século XX.

Karl Gröbli, Jean–Claude Ludi, Rudolf Schärer e Michael Weiss. Parada d’autobús. 1967–1968
1/8
Braun KM2 Multiwerk, Richard Fischer e Diéter Rams,  1965
2/8
Hans Gugelot e Herbert Lindinger. Combinación de radio e tocadiscos. Braun,1956
3/8
Hans Gugelot e Dieter Rams. Braun SK4 Combinación de radio e tocadiscos, 1958.
4/8
Hans von Klier. Xogo modular de animais, 1958
5/8
Imaxe corporativa de Lufthansa. Escola de Ulm
6/8
Á esquerda, deseño da Braun T3 pocket radio, de Dieter Rams. Á dereita, Ipods.
7/8
Galería: Deseño de Sistemas. Escola de Ulm
8/8

Na mostra poden verse, ata o vindeiro 14 de outubro, un total de 70 pezas que exploran "o concepto de sistema, expresado como conxunto de compoñentes enlazados racionalmente entre si, que son capaces de xerar un obxecto ou de contribuír ao seu desenvolvemento e formación".

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Identidade, Fundación Barrié, Barcelona...

Claves

Entidades
Conceptos