Tal e como se anunciara, a comisión de orzamentos do Congreso dos Deputados aprobaba onte unha enmenda do PP ás contas de 2012 polas que a Real Academia Galega recibirá 680.000 euros do Goberno Central. A contÃa equipara a institución galega coas súas homólogas vasca e catalana, aÃnda que supón unha redución de preto do 30% fronte á achega estatal do pasado ano. Canda a emenda aprobada, o PSOE presentou outra reclamando que a contÃa ascendese a 980.000 euros e o BNG reclamou que se elevasen os fondos a un millón. O voceiro deste partido, Franisco Jorquera anunciou que manterán a súa proposta para que se debata no pleno do Congreso, dentro de quince dÃas.
A coincidir co debate destas enmendas, a Academia publicaba onte un comunicado no que agradecÃa o traballo de "todos os grupos polÃticos galegos con representación en Madrid" de cara a conseguir fondos para a institución, e apuntaba unha "mención especial para o partido do Goberno e para o presidente, Alberto Núñez Feijoo, sabedores da súa xestión enérxica e eficaz diante dos responsables do Ministerio".
O presidente da Real Academia Galega asinou onte un convenio con Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG polo que a televisión pública emitirá entre o 17 de maio e o 25 de xullo 50 microespazos divulgativos no que participarán membros da academia conmemorando o medio século de celebración do DÃa das Letras. Do mesmo xeito, as dúas entidades acordaron colaborar para mellorar a precisión e calidade da lingua nos medios públicos galegos.