Científicos, emprendedores e xente cunha historia que contar, pero unha disposición totalmente distinta á dun congreso convencional dos que estamos habituados en Galicia. "Queremos que a xente escolla entre ir ao cine ou vir ao TEDxGalicia", afirma Marcos Pérez Gulín, organizador da edición galega deste formato norteamericano de conferencias que xa vai pola súa segunda edición. Agora, o TEDxGalicia xa publicou todas as conferencias de 2011 e levan 20.000 visionados. Pérez Gulín fainos unha selección das conferencias máis TED da última edición.
Quen mire o listado de conferenciantes do último TEDxGalicia por forza ten que destacar a súa diversidade. Gandeiras, emprendedores das TIC, xornalistas, artistas conceptuais, filósofas, coachs, cociñeiros, biólogos, matemáticos ou arquitectos, entre moitos outros, subíanse a un sofisticado escenario e, durante 18 minutos, contaban unha historia de gran carga emocional ou informativa. No público, máis de douscentos asistentes que son "unha representación da sociedade galega", afirma Marcos Pérez Gulín. "Buscamos a rotación, que o evento chegue a capas moi distintas. Un dos criterios de admisión é que non estiveras previamente no TEDxGalicia", asegura o coordinador. O perfil, con todo, é o do traballador autónomo, independente.
Que o evento é algo distinto ao habitual percíbese tamén na súa repercusión. Mentres unha considerable parte da Galicia máis vinculada ás industrias creativas estaba no TEDxGalicia, os medios de comunicación galegos a penas mencionaron ese día o evento. Desde o propio TEDxGalicia salientan que non teñen nin gabinete de comunicación. "Non nos interesa. Non prohibimos o acceso aos medios, pero tampouco estimamos necesario aparecer neles". A través de redes sociais, blogs e sitios web, a idea do TEDxGalicia propágase e o aforo complétase.
O evento TED foi fundado por Richard Saul Wurman e Harry Marks en 1984 e lévase a cabo anualmente desde 1990. Os TED celebran anualmente dous eventos, un en California e outro, o TED Global, noutra parte do mundo que vai rotando. Pero gran parte do seu éxito están en dous factores: a dispoñibilidade gratuíta dos vídeos na rede e na descentralización, a través do programa TEDx, no que ceden gratuitamente a marca se se cumpren unha serie de condicións. En Galicia, a Fundación Galicia Sustentable é a organizadora dos TEDxGalicia.
"A xente manifesta incredulidade cando a convidamos ao TEDxGalicia", di Gulín, "hai que ter en conta que palabras como innovador, distinto, posta en escea coidada...son termos moi tópicos e viciados, así que se sorprenden cando ven o escenario e o lugar no que van ter que falar". Para o organizador, a principal clave do TED é crear unha "cultura de comunicación", que afirma que "é escasa en Galicia". Gulín narra como ás veces ten falado con científicos que non estaban dispostos a facer unha explicación divulgativa dos seus achados. "Como queremos que a xente marque na Declaración da Renda un casilleiro para a ciencia se non lle explicamos a que nos dedicamos?", pregúntase Marcos Pérez Gulín.
A selección do organizador
Pedímoslle a Marcos que analizase algúns dos vídeos do TEDx que lle pareceran relevantes desde a "cultura de comunicación" que defende este formato.
Miguel Silva e Marta Álvarez
"Miguel Silva, de Blusens, e Marta Álvarez, emprendedora do sector gandeiro, falan do mesmo pero de xeito totalmente diferente. Miguel fai un show no sentido máis puro da palabra, e iso implica que ten que conceder máis tempo ao espectáculo que ao contido, pero queda equilibrado. Marta fala da súa experiencia persoal. Preparou sete borradores da súa charla, e eu asistín á proba dalgunha delas, pero todo o ensaio non eliminou a súa naturalidade".
Patrick Berry
"O que destaco da charla de Patrick Berry é o control da emoción do que está a contar, a súa relación cun fillo que ten unha enfermidade rara. Foi falar con actores para preparar isto. Non caeu nun tema moi persoal e sensible, pero tela que facer estensible aos demáis. Aquí se pode ver unha recomendación moi importante do TED: no primeiro minuto tes que dicir o que hai que contar".
Manuel Gago
"Manuel Gago fixo exactamente o contrario que Patrick Berry. Non sabes de que vai falar ata a metade da charla, pero antes vaite presentando un montón de cousas e, cando chegas ao momento central, ti mesmo te decatas de que todo ten sentido e lóxica. É unha historia que te ten enganchado e o obxectivo é amosar o evidente chegados a un punto".
Enrique Lista
"É moi interesante a charla de Enrique Lista. Ao principio parece un pouco perdido. Hai problemas co micrófono, pero decidimos manter ese inicio na edición final, porque hai un momento, cando se retira a cambiar de micro, que fai un chiste, a xente rise, e cando volve xa está moito máis confiado e preparado para facer unha gran charla".
Xurxo Mariño
"Xurxo Mariño demostra que todo tema no que sexas experto dá para falar del. Un pode pensar: que raio me importan a min os ruídos das neuronas? Pero escoitas a súa charla e quedas enganchado. Neste vídeo demóstrase que é posible comunicar algo moi complexo e científico para todos os públicos".