900 persoas encheron o Palexco da Coruña para celebrar a noite do audiovisual galego. As longametraxes Engurras e Doentes levaron os máximos galardóns pero a noite estivo moi repartida: Matalobos levou catro galardóns, Tralas luces e Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde levaron tres. Nun espectáculo inspirado na crise económica, Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual, reivindicou a importancia da cultura como sector económico e laboral.
Tralo seu éxito nos Premios Goya (mellor filme de animación español) a longametraxe Engurras acadou tamén a categorÃa similar nos Premios Mestre Mateo. A adaptación cinematográfica do cómic de Paco Roca producida por Manuel Cristóbal para Perro Verde Films confirma a súa traxectoria de premios.
A mellor longametraxe de ficción foi para Doentes, de Filmanova, a historia de dous enfermos desaloxados do antigo Hospital Real, a piques de converterse nun hotel de luxo, e inspirada nunha obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Antonio Durán "Morris", un dos protagonistas, levou tamén o galardón á mellor interpretación masculina protagonista. Doentes sumou cinco galardóns, ao igual que Engurras
Tralas luces, de Tic Tac Producciones, foi seleccionada como a mellor longametraxe documental. A súa directora, Sandra Sánchez, tamén foi galardoada como a mellor dirección por este relato sobre o desarraigo e vida errante dos comerciantes de feira. En total, Tralas luces obtivo tres galardóns, do mesmo xeito que a tv-movie Emilia Pardo Bazán. A Condesa Rebelde, aÃnda que o galardón a mellor pelÃcula para televisión foi para Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego.
As mellores interpretacións foron o premio de "Morris" `por interpretación masculina protagonista en Doentes e Susana Dans, poa interpretación feminina protagonista en Emilia Pardo Bazán. A condesa rebelde. Nas categorÃas de mellores actores de reparto, Antonio Mourelos e Camila Bossa obtiveron cadanseu premio.
A xa veterana serie Matalobos acadou tres galardóns, os xa aludidos de Antonio Mourelos e Camila Bossa, canda a mellor realización (para Marta Piñeiro e Judas Diz).
Principais reivindicacións
A maiorÃa dos galardoados coincidiron en solicitar ás institucións públicas que se siga apoindo a produción propia, posto que o audiovisual é un sector estratéxico que xenera moitos postos de traballo e sentido de paÃs, e aludiron aos cambios nas polÃticas públicas. Suso de Toro recolleu necesidade de autocrÃtica para mellorar a calidade das producións e localizar investimentos. "Digámoslle a quen corresponda que a cultura importa", sinalou.
Lista completa de gañadores dos Premios Mestre Mateo 2011.Tralo seu éxito nos Premios Goya (mellor filme de animación español) a longametraxe Engurras acadou tamén a categorÃa similar nos Premios Mestre Mateo. A adaptación cinematográfica do cómic de Paco Roca producida por Manuel Cristóbal para Perro Verde Films confirma a súa traxectoria de premios.