En tempos de crise económica como estamos a vivir, a nosa realidade está a se configurar. Como cada ano, a Semana Galega de Filosofía préstalle atención á actualidade, e desta volta reflexiona sobre a situación de Europa e das súas culturas nos novos escenarios internacionais. Dentro deste eixe, varios pensadores están a analizar a situación de Galicia no contexto europeo. Entre eles, o filósofo Antón Baamonde alerta do risco de periferización que sofre o noso país.
As sesións de tarde da XXIX Semana de Filosofía de Pontevedra están a se centrar na relación entre Galicia e Europa. Nun panorama de fondas mutacións como o que supón a actual crise económica, a cuestión precisa ser abordada desde diferentes puntos de vista. Entre os que se están a deixar ouvir estes días no foro de debate está o do ensaísta e profesor de filosofía Antón Baamonde, que co título Galicia no gume: unha sociedade en transición, abordou o crucial momento que ao seu ver vive o noso país. Para el nos últimos cincuenta anos Galicia viviu unha enorme transformación co salto dun país agrario a outro urbano cun grande peso do sector servizos e un elevado nivel de vida. Este proceso rematou xa no básico. A mellora na calidade de vida resultado de inercias do ciclo económico español, creou unha grande satisfacción no país, e non se deu interese en formular un proxecto de país que puidese termar disto cando viñesen mal dadas, como agora.
Problemas propios
A crise demográfica, que reduciu o noso peso na poboación estatal dun 11% en 1800 ao 5%, o subseguinte envellecemento da poboación, ou a perda de fondos da Unión Europea ou o desprazamento do foco do poder financeiro que supón a reforma das caixas de aforros, son para Baamonde problemáticas específicas de Galicia á hora de abordar as actuais mudanzas. Trátase de cartos que poderían incidir na propia economía se estivesen ao servizo do país. Galicia vai estar liberada ás súas propias escasezas. A nivel de consciencia non estamos preparados. No seu día coa idea de saír da pobreza xa quedamos satisfeitos. Agora muda a curva, e mentres noutros lugares tentan formular alternativas aquí prodúcese un baleiro clamoroso, sinala este filósofo. A inacción, para alén do poder financeiro e económico, dáse para este pensador tanto a nivel político como mesmo na sociedade civil.
Sociedade civil
A respecto deste último sector, Baamonde apunta que resulta fundamental porque son as masas críticas quen lles poñen limites a gobernos e partidos, e é onde se elaboran as opcións políticas. Aquí temos problemas graves a ese respecto. Por exemplo, a prensa xoga en Galicia un papel de narcisismo local e funciona como propaganda no lugar de propor cuestións de fondo. A ese respecto sinala que non se deu aínda unha reacción social a cuestións como a das caixas, as institucións tampouco responden.
Evolución histórica
A situación actual deriva, para Baamonde, da evolución histórica recente. Temos menos capacidade de obrar do que hai trinta anos. Neste tempo no se deu unha consciencia clara do camiño a seguir. Facíanse estradas e portos en ocasións cunha racionalidade escasa, pero non había ningún plan para alén do gasto. E mentres os vascos, por exemplo, erguían centros tecnolóxicos. O peso autonómico a respecto do Estado vaise sentir máis nos vindeiros tempos, segundo este filósofo. Albíscase unha clara tendencia á centralización no Estado desde hai anos, apunta Baamonde. Isto, canda a pegada cada vez maior que teñen organismos internacionais coma a Unión Europea ou o Fondo Monetario Internacional para definir políticas estatais deixa aparentemente faltas de poder das institucións autonómicas. No entanto, para este pensador a capacidade do goberno existe. É semellante á do País Vasco ou á de Cataluña. O fundamental é saber onde queres ir, logo xa irás decidindo sector a sector. Hai moitos exemplos de absurdo e non é tan difícil racionalizar un pouco, e iso non é cuestión de dereita nin de esquerda.
Inminencia
O que cómpre é racionalidade e un bo capital humano para a aproveitar. Malia a que agora mande Alemaña a nivel internacional, sempre hai unha certa capacidade para manobrar. Xa non estamos a falar de que a identidade ou o idioma vaian ao carallo, senón que o propio benestar pode caer a niveis tremendos. Baamonde explica a necesidade inminente da acción ao sinalar que Galicia está a dous días de ser derrotada. Acabaron as bromas, se os que mandan non teñen ideas que aportar, non temos futuro.
Outros pensamentos
A intervención de Baamonde non é a única que aborda o tema na actual edición da semana da filosofía. A europarlamentaria polo BNG Ana Miranda abriu o ciclo este luns a falar da presenza Galega nas institucións europeas. A coincidir con Baamonde, Miranda apuntou a falta de estruturas estatais e a situación periférica a nivel social do noso país como pexas para desempeñar un papel destacado no contexto continental. Ao seu ver, ademais, a construción da Unión Europea desde unha perspectiva estatal e non nacional marxina realidades como a galega. A pegada das políticas europeas no noso país e o xeito no que o Estado Español articula demandas galegas neste foro internacional foron outras cuestións tratadas pola parlamentaria. Pola súa banda, Fermín Bouza Álvarez, catedrático de Opinión Pública, tratou na sesión do martes a pegada do concepto de europa na sociedade galega, as súas espectativas e crenzas ao repecto. Ao seu ver Galicia é das comunidades menos escépticas a respecto a Europa, e apuntou a ese respecto a influencia do Camiño de Santiago como un punto de conexión internacional histórico nesta relación. A seguir as xeiras, Méndez Ferrín hoxe e unha mesa redonda con varios representantes do movemento 15-M en Galicia e da Assembleia pola Defesa do Bairro do Cura co título Malestar, futuro e acción.
Dosier da XXIX Semana Galega de Filosofía.As sesións de tarde da XXIX Semana de Filosofía de Pontevedra están a se centrar na relación entre Galicia e Europa. Nun panorama de fondas mutacións como o que supón a actual crise económica, a cuestión precisa ser abordada desde diferentes puntos de vista. Entre os que se están a deixar ouvir estes días no foro de debate está o do ensaísta e profesor de filosofía Antón Baamonde, que co título Galicia no gume: unha sociedade en transición, abordou o crucial momento que ao seu ver vive o noso país. Para el nos últimos cincuenta anos Galicia viviu unha enorme transformación co salto dun país agrario a outro urbano cun grande peso do sector servizos e un elevado nivel de vida. Este proceso rematou xa no básico. A mellora na calidade de vida resultado de inercias do ciclo económico español, creou unha grande satisfacción no país, e non se deu interese en formular un proxecto de país que puidese termar disto cando viñesen mal dadas, como agora.