A segunda xornada do congreso "Galicia desde La Galice. Homenaxe a Abel Bouhier" que se está a celebrar en Compostela organizado polo Consello da Cultura Galega tratou durante a mañá de hoxe sobre a xénese e a evolución da organización do territorio, A tarde estará dedicada ás transfomacións da paisaxe en Galicia
A mañá
As conferencias sobre a evolución na organización do territorio comezaron onte coa intervención de María Pallarés e Hermelindo Portela que analizaron as estructuras agrarias no medioevo e continuaron con análises de diferentes intres históricos. Durante esta mañá María Isabel Fernández Justo, profesora da Universidade de Santiago de Compostela espuxo a xénese e caracterísiticas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Segundo ela, o sector agrario galego está "sobredimensionado" e é "escasamente rentable", o que o sitúa nunha situación comprometida coa desaparición das axudas da Unión Europea dentro de cinco anos. A continuación Pegerto Saavedra desenvolveu a situación da agricultural galega entre 1550 e 1850. A mañá rematou coa intervención de Parick O´Flanagan, da Universidade de Cork, que revisou as obras de varios xeógrafos entre os que estaba Bouhier ós que calificou coma "pioneiros no estudio da Europa Atlántica desde perspectivas rexionais".
Tarde
A tarde da segunda xornda do congreso estará dedicada a discutir a pervivencia e transformación da paisaxe galga. Augusto Pérez Alberti, da Universidade de Santiago, explicará a influencia dos sistemas tradicionais de herdanza nos cambios na paisaxe. Á súa intervención seguirá a de Luis Guitián analizando as consecuencias do éxodo rural nas transformacións das paisaxes vexetais. Ás sete Ernetso Viéitez falará dos estudios sobre o castiñeiro que realizou Bouhier. A última hora da tarde comezará o bloque temático sobre "O sistema agrario" coa conferencia de Pilar de Torres Luna sobre "Os asentamentos rurais de Galicia e a obra do profesor Bouhier".