Política Lingüística apoia a campaña Mil festas mais para a lingua galega

A iniciativa aposta por galeguizar o repertorio e a cartelaría das celebracións populares

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística presentaban onte a nova xeira da campaña Mil festas mais para a lingua galega. A iniciativa, que se desenvolve desde hai preto de quince anos, emprende a súa xeira 2012 apoiándose na figura de Prudencio Romo e Os Tamara como exemplo de músicos que mantiveron a nosa lingua no contexto das festas populares. Segundo explica Xosé González Martínez, da asociación, a Secretaría amosa así o seu apopio á iniciativa e a difundirá entre os concellos qeu fan parte da Rede de Dinamización Lingüística.

En vindeiras datas, a Asociación de Funcionarios para a Normalización desenvolverá novas presentacións da iniciativa en concellos con vistas a que os mesmos impliquen as comisións de festas nunha maior galeguización dos eventos que organizan. Introducir a nosa lingua no repertorio das orquestras, na cartelaría, nos pregóns ou mesmo nas celebracións relixiosas, así como contratar grupos galegos son algunhas das propostas que fan parte da campaña.
Manifesto Mil festas máis para a lingua galega, 2012.