Once concellos acollerán as proxeccións do programa Redecinema

A iniciativa quere facilitar a distribución de filmes na nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Ao longo do mes de setembro, once concellos do país acollerán as proxeccións en galego da terceira xeira do programa Redecinema. A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove esta iniciativa para achegar aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística de Galicia a produción audiovisual na nosa lingua. Rodeiro, Ribeira, Cerceda, Ribadavia, Sober, Carral, Triacastela, Boborás, Abegondo, O Rosal e A Baña participan dun programa no que se realizarán proxeccións ao ar libre os filmes Sinbad, Pérez, o ratiño dos teus soños, O Apóstolo, Mimosas e Engurras.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Apóstolo, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Rosal...