Vilamor proxectarase en preto de corenta concellos da man de Redecinema

É unha das actividades da Rede de Dinamización Lingüística

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Vilamor proxectarase en preto de corenta concellos da man de Redecinema

Redecinema é unha das actividades que se integran dentro da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) un proxecto de promoción da lingua impulsado pola Secretaría Xeral de Normalización. E no marco deste programa exhibirase o filme galego Vilamor en preto de corenta localidades. Malia que é un programa organizado pola Secretaría Xeral, conta co apoio económico das catro deputacións. Segundo informan desde a Consellaría de Cultura e Educación, a iniciativa está sen pechar e poderían incorporarse máis títulos a este proxecto que de momento ten confirmadas dez localidades en Ourense e dezasete na Coruña.

Segundo figura no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a proposta pretende “visibilizar a lingua galega nas entidades da RDL,activar o seu uso, progresar na sensibilización social a favor do galego, promover o uso da lingua nas actividades lúdicas e de lecer e mais sensibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos”.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, A Coruña, Ourense, Política Lingüística...