A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou o programa "Augalingua", unha proposta de dinamización lingüística para a rapazada de entre 6 e 12 anos que se organizará en piscinas e praias fluviais de 16 concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística. O programa consiste en ginkanas lúdicas centradas en xogos de lingua e habilidade. As actividades iniciaranse en San Cristovo de Cea. As xincanas lingüísticas farán parada nas localidades ourensás de Maside, Toén, Vilamarín, O Barco de Valdeorras, A Veiga, Sarreaus, A Bola e Muíños; na provincia de Lugo chegarán a Taboada, Monterroso, Guntín, Ribas de Sil e Parada de Sil e tamén recalarán en Ordes (A Coruña) e Lalín (Pontevedra) durante o mes de xullo.
Augalingua leva a praias fluviais e piscinas a dinamización do galego
O programa realizarase en 16 concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística
27 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Sil, Maside, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística...
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos

