O secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, anunciaba este venres 30 de xullo a décima edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2021. Os concellos e entidades adscritos á Rede de Dinamización LingüÃstica (RDL), un total de 85, programarán ata fin de ano unha trintena de actividades cun total de 180 pases previstos por todo o paÃs.
A totalidade das propostas que fan parte desta iniciativa foron seleccionadas, ao igual que na anterior edición, entre aquelas que se integran no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Esta liña de apoio, que se desenvolve con fondos da SecretarÃa Xeral, pretende inxectar liquidez no sector cultural ante o impacto da actual pandemia de Covid-19 sobre o mesmo mediante a contratación de proxectos que a Xunta distribúe ou emprega en diferentes programas. Deste xeito, a Rede de Dinamización LingüÃstica non desenvolveu unha contratación especÃfica para o FalaRedes, unha iniciativa que pretende "ampliar a oferta de ocio no noso idioma, promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os artistas que desenvolven o seu traballo en galego".
Na listaxe de proxectos que fan parte do programa de verán desta décima edición están espectáculos para bebés como Derriba da lúa, de Rilo e Penadique, o monólogo Falade galego rapazada... é unha pasada!, a cargo de Pepo Suevos, concertos de Festiculores Troupe, concursos como o Rilla Rilla de Xarope Tulú, o Mago Teto ou os monicreques de Inventi Teatro, Fantoches Baj, Teatro Ghazafelhos ou TÃteres Alakrán.
De cara ao terceiro trimestre do ano, o programa achegará unha importante dose de teatro para público adulto con certa de medio cento de funcións a cargo de teatro Malasombra, Teatro do Noroeste, Elefante Elegante, Contraproducións, A PanadarÃa ou Redrum Teatro. Para público familiar están previstas novas actuacións de Micromaxias, PistaCatro, Ningures Producións, Brais das Hortas ou a Ramona Órbita de Pakolas e Laura Romero.