Comeza en Arteixo a VII edición dos Axóuxeres

O programa de dinamización lingüística para os máis novos chegará a 26 concellos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Comeza en Arteixo a VII edición dos Axóuxeres

Por sétimo ano consecutivo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística bota a andar o programa de dinamización Os Axóuxeres. Como é habitual, este ciclo, orientado a crianzas de entre 0 e 6 anos, pretende promover a transmisión interxeracional do galego achegando actividades de ocio e materiais na nosa lingua. Desta volta, as actuacións que se presentaron onte en Arteixo chegarán a 26 concellos integrados na Rede de Dinamización Lingüística. A compañía Elefante Elegante será a responsable de levar as cancións, contos e adiviñas que fan parte do programa. A coincidir coa nova edición preséntanse cinco novos temas, que como os anteriores están dispoñibles para descarga na rede, canda a outros contidos. Ademais, distribuirase un CD con todas as cancións que pasaron por esta actividade.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arteixo, Contos, Política Lingüística, Elefante Elegante...