Ourense inicia a nova xeira do programa FalaRedes

Uxía e Magín Blanco homenaxean a Manuel María coa iniciativa Todo me fala de ti

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Un concerto para maiores de cinco anos con poemas musicados de Manuel María a cargo de Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro. A actividade Todo me fala de ti abría onte en Ourense a nova xeira do programa FalaRedes, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove para achegar a nosa lingua ao ocio dos máis novos. O Auditorio da Cidade das Burgas acolle este sábado 20 o recital, que ten confirmada outra data para o día 27 en Marín. A xira continuará por A Coruña, Ferrol, Ribeira, Santiago de Compostela, Burela, Vilalba, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ribadavia, Cangas, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e Ponteceso. Para a vindeira semana a Secretaría Xeral de Política Lingüística anunciou que se presentará unha nova actividade no seo deste programa, que se desenvolve nos concellos integrados na Rede de Dinamización Lingüística.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito