Unha boa parte do Legado DÃaz Pardo xa está depositado na Cidade da Cultura cumprindo o último desexo do seu propietario: que un dos arquivos máis importantes da memoria da Galicia do século XX puidera ser accesible por todos os galegos. Pero a historia do Legado é moito máis longa. Falamos con Xosé Ramón Fandiño, antigo documentalista do Instituto Galego da Información e colaborador de Isaac DÃaz Pardo durante 15 anos, da súa relevancia e de como se preparou a cesión.
O 11 de xaneiro de 2010, á mediodÃa, despois da asamblea que retirou a Isaac DÃaz Pardo da dirección do Instituto Galego da Información (IGI) –o último proxecto empresarial e cultural do Grupo Sargadelos do que este histórico intelectual seguÃa mantendo a propiedade e a xestión- cinco persoas descorcharon unha botella magnum de viño e brindaron. As instalacións do IGI xa estaban desmanteladas, e o brinde, acompañado por tortillas e empanadas, non foi de celebración, senón de marcha honrosa polo que se pechaba con aquel espazo, o que alà existira e o que marchou. Era o final dun tempo e dun proxecto vital.
Ningunha desas persoas estaban vinculadas formalmente ao Instituto Galego da Información desde habÃa varios anos, pero todas elas, de xeracións e profesións diferentes, tiñan un vÃnculo común entre si: Isaac DÃaz Pardo. Naquela despedida estaba o médico persoal do galeguista nos seus últimos anos e actual alcalde de Teo Martiño Noriega, o xornalista Daniel Salgado, canda tres antigos traballadores do Instituto Galego da Información: Xosé Ramón Fandiño, Gloria López e Begoña Soneira. DÃaz Pardo xa estaba na súa residencia de Sada.
Dous deles –Xosé Ramón Fandiño e Gloria López- responsabilizáranse, unha semana antes, de empaquetar a todo correr ao legado documental máis fascinante do século XX en Galicia: o Legado Isaac DÃaz Pardo, e que aguantou en San Marcos, en Santiago, ata o momento da formalización do cese de DÃaz Pardo da institución. Tras seren despedidos do Instituto Galego da Información no 2006, algúns dos traballadores retornaron todos os dÃas a continuar traballando de balde con DÃaz Pardo na xestión da súa avultada axenda e proxectos. A mediados de decembro de 2009 o empresario fora intervido de urxencia en Compostela por un pinzamento dunha hernia e para o 11 de xaneiro de 2010 convocárase a xunta de accionistas que o botarÃa do Instituto Galego da Información. A operación chegaba en moi mal momento.
Coa alta a penas dada e 90 longos anos de vida no seu DNI, DÃaz Pardo eludiu ir descansar á residencia familiar en O Castro (Sada) e retornou á súa solitaria vivenda do IGI na primeira semana de xaneiro para liderar a última operación da súa vida: transferir o seu leigado documental a Galicia. Non era un asunto menor: canda os fondos documentais da súa vida –os rexistros da súa actividade industrial e artÃstica, os fondos das diferentes empresas culturais fundadas polo galeguista- estaba unha heteroxénea inmensidade de fondos que escritores, artistas, polÃticos e intelectuais do exilio e do interior do paÃs foran deixando nas mans de Isaac, como custodio dunha memoria que, cando fora cedida, corrÃa perigo de desaparición en calquera outro sitio.
Nos a penas 10 dÃas que faltaban para a Xunta de Accionistas, Xosé Ramón Fandiño e Gloria López fixeron unha primeira clasificación e ordenación dos inxentes e variados materiais que compuñan este legado, baixo a dirección de Isaac. Cifras de vertixe. Máis de 30.000 volumes, que se complementaban con miles de fotografÃas, cartas, actas, e todo tipo de obxectos variados, como reliquias, medallas, tarxetas, mapas, carteis. Co traballo rematado, empaquetáronse 1000 caixas de cartón que partiron en tres camións cara a residencia de Isaac en O Castro e as dependencias que DÃaz Pardo aÃnda conservaba no Departamento de TecnoloxÃa do Seminario de Sargadelos. Desde O Castro, xa moi debilitado, DÃaz Pardo negociou coa Xunta a cesión do seu legado á Cidade da Cultura e, cunha axudante documentalista da ConsellerÃa de Cultura, procedeu ao envÃo gradual das caixas de cartón desde o Castro ao Gaiás. O proceso aÃnda continúa na actualidade.
O 1 de marzo o Consello da Xunta fixo público un primeiro informe de valoración do que a Xunta xa recibiu do Legado DÃaz Pardo e o que leva catalogado: 5.000 volumes e moitos dos principais fondos que compoñen o leigado. A Xunta sinalou que nos vindeiros meses incoporaranse as partes que aÃnda faltan por chegar ao Gaiás: a correspondencia con intelectuais como Seoane, Laxeiro, Neira Vilas, Rafael Dieste ou ValentÃn Paz-Andrade, canda unha das coleccións máis valiosas para a Historia galega dentro do Legado: unha parte das actas e outros documentos do Consello de Galiza, o directorio constituÃdo polos deputados republicanos galegos en América en 1944 que exerceu, de maneira simbólica, coma o ‘goberno galegoÂ’ no exilio, que suman 32 cartafoles de documentación.
Como chegou DÃaz Pardo a atesourar unha colección tan impresionante de fondos? A clave está, para Xosé Ramón Fandiño, no compromiso de Isaac DÃaz Pardo con todo tipo de accións de recuperación da memoria histórica e da cultura de Galicia.
O núcleo do seu arquivo ten que ver coas tremendas circunstancias persoais que determinaron a súa mocidade. DÃas despois do fusilamento do seu pai Camilo DÃaz Baliño, os sublevados expoliaron a casa do artista e editor destruÃndo boa parte das coleccións e obras que habÃa na casa. DÃaz Pardo rescatou do desastre cadros, fotografÃas, ilustracións e documentos que preservou e que se converteron nun importante legado material que asentou de xeito traumático a súa memoria.
Pero unha significativa parte dos fondos teñen que ver coa entidade que funda en Bos Aires con LuÃs Seoane: o Laboratorio de Formas, xermolo de boa parte da actividade cultural e empresarial do intelectual. Será a este Laboratorio ao que se lle doen os legados de intelectuais e entidades no exilio, coma os devanditos documentos do Consello de Galiza. Outras das accións de DÃaz Pardo, como a refundación do Seminario de Estudos Galegos, tamén supón unha importante parte dos fondos. Xosé Ramón Fandiño destaca a importante biblioteca pedagóxica de DÃaz Rozas, un dos membros deste Seminario de Estudos Galegos. O Legado tamén contempla todos os orixinais dos libros editados por Ediciós do Castro e o fondo dunha das máis importantes editoriais de oposición ao franquismo: El Ruedo Ibérico. Ou os fondos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, fundado polo investigador Isidro Parga Pondal na súa vila natal da Costa da Morte, e posteriormente integrado no Seminario de Estudos Galegos.
“Pero o máis importante do seu legado foron as súas mandas a Galicia”, conclúe Fandiño, “a loita pola dignidade e recuperación de Galicia, o sentido ético que lle deu ás súas empresas”.