Xove homenaxea o traballo feminino cunha exposición fotográfica

As mulleres do mar

No traballo realizado no mar hai un colectivo bastante esquecido: o da muller. Por ese motivo, a Asociación Cultural Bágoas da Terra, de Viveiro, en colaboración coa Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura acaba de organizar unha mostra fotográfica con carácter itinerante que pretende ofrecer unha homenaxe á muller.

O labor silenciado




As mulleres desenvolven un labor importante nas tarefas mariñeiras. A literatura é, en moitas das ocasión a única vía que recolle o seu traballo dende a espera, ata a desesperación como todas as faenas de preparación que se realizan en terra. Un traballo duro, relegado a un segundo plano e esquecido; un motivo que fixo que a Asociación Cultural Bágoas da Terra de Viveiro, fixera un labro de recompilación de bibliografía fotográfica, de estudios, de láminas e outra documentación que recollan vivenciasde toda Galicia. A mostra exhibe imaxes de mulleres carretando baúles ós barcos, en pequenas chalanas, nas conserveiras e amañando as redes; esceas moi ilustrativas das faenas mariñeiras.












Itinerante



Esta exposición chega a Xove logo de se expoñer en Viveiro, xa que a Asociación Bágoas da Terra pretende darlle un carácter itinerante. Deste xeito, a entidade ofreceu a Concellos, asociacións culturais e a diferentes colectivos a oportunidade de ter unha mostra fotográfica que destaque o traballo realizado por un dos colectivos máis esquecidos.