Sansebastián e a Mancomunidade da Terra Cha potencian o papel da muller

Elas, nós

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Igual traballo, igual emprego....as mulleres continúan coas súas reivindicacións por un mundo máis igualitario. O último elo vén da presentación do programa Elas (Estratexias Locais de Acción Solidaria) polo que a Mancomunidade de Minicipios da Terra Cha pretende potenciar a formación sociopolítica da muller a través de accións impulsadas fundamentalmente polos concellos. E de mulleres tamén falará Isabel Sansebastián este venres no Clube Internacional de Prensa de Galicia.

As mulleres da Terra Chá

As reivindicacións contra a discriminación de xénero non son algo novo. Unha situación que recoñece a Mancomunidade de Municipios da Terra Chá pola que Abadín, Castro de Rei, Cospieto, A Pastoriza e Outeiro de Rei se acaban de incorporar a un proxecto piloto: O Programa Elas da Unión Europea. Un programa que pretende o asentamento das bases para unha estratexia que permita acar a igualdde entre homes e mulleres. E no seu obxectivo contan coa formación de mulleres para a participación política, instrucción ós responsables políticos municipais sobre a igualdade de oportunidade. Unhas liñas de actuación que prentenden desenvolver o "mainstreaming" un principio que pretende reorganizar e reordenar tódolos procesos de decisión de política que integren aque efecto terá sobre as mulleres e os homes a tódolos niveis.
Este proxecto desenvólvese paralelamente en cinco rexións de Portugal, Italia, Bulgaria, Suecia e Bélxica, destaca a formación de funcionarios para o fomento da igualdade.

As mulleres e a comunicación

A incorporación da muller ó mundo laboral tamén afecta ós medios de comunicación. E esta faceta é o motivo da conferencia que a xornalista Isabel Sansebastián ofrecerá o venres no Clube Internacional de Prensa. Baixo o título "A muller na comunicación" Sansebastián fará un percorrido pola historia que escribiron e escriben as mulleres nos medios de comunicación. Esta conferencia forma parte do VII ciclo "Os desafíos da comunicación na sociedade do novo século", que tamén traerá a Compostela a Juan Pedro Valentín, director de Informativos de Tele 5. As conferencias desenvólvense no Clube Internacional de Prensa ás 20:00 horas.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Mulleres ao cadrado

Mulleres ao cadrado

A exposición (m)² amosa a evolución do traballo da muller en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Terra Cha, Igualdade, Medios de comunicación...