A Cidade da Cultura acolle xa unha exposición fotográfica que pon en valor o labor das redeiras como parte da programación do Gaiás vencellada ao DÃa Internacional da Muller Traballadora, o 8 de marzo. Redeiras. Unha profesión con historia é unha mostra itinerante da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao que xa foi exposta con anterioridade en Cariño, Cangas do Morrazo e Malpica de Bergantiños. Está composta por 25 fotografÃas, realizadas pola comisaria Xela RodrÃguez, que foron tomadas en tres localidades galegas vencelladas ao mundo do mar para reflectir os procesos artesanais deste oficio e para darlle visibilidade o labor das mulleres no sector pesqueiro, ao mesmo tempo que para empoderar este colectivo. A exposición inaugurouse onte e estará aberta no Museo Gaiás ata o 12 de abril.
Accións polo DÃa Internacional da Muller Traballadora
Ademais desta exposición, a Cidade da Cultura completa as súas accións co gallo do DÃa Internacional da Muller Traballadora, centrando as visitas comentadas á mostra "Galicia, un relato no mundo" nas figuras e nas pezas femininas máis destacadas da mostra, como a figura da Santa, do escultor Francisco Asorey, os fitos da escritora Exeria ou da artista La Bella Otero. Serán nas quendas das 17,30 horas desde o vindeiro domingo, dÃa 8, ata o 13 de marzo.Igualmente, o Arquivo de Galicia, situado no complexo Gaiás, tamén conta cunha programación para celebrar o 8 de marzo cunha nova edición do ciclo de exposicións Mulleres Senlleiras. Nesta ocasión, está dedicada a Concepción Arenal e leva por tÃtulo: Mulleres sobranceiras. A educación da muller, na que se amosan as publicacións realizadas pola xurista en defensa do dereito ao acceso á educación. Do mesmo xeito, a Cidade da Cultura fai uso esta semana do prendido por causas sociais das Torres Hejduk do Gaiás e ilumina a transparente coa cor violeta durante todas as noites ata o 8 de marzo, inclusive.