Arquitectura española (1975‐2010) + 35 años construyendo en democracia é a exposición que abre hoxe na Sala Zuazo das ArquerÃas de Nuevos Ministerios, en Madrid. O proxecto, promovido polo Ministerio de Fomento e comisariada polos arquitectos Antonio Ruiz BarbarÃn e Héctor Barrio escolma 230 traballos arquitectónicos que transformaron o panorama estatal neste perÃodo. Entre eles, atópanse nomes destacados da arquitectura do noso paÃs canda a obras de autores foráneos que se poden ver en Galicia. A mostra pode verse ata o vindeiro oito de abril.
Deste xeito, na listaxe atopamos a Caixa Postal de León e a Ampliación do edificio de xulgados de Zaragoza de Alejandro de la Sota; o Museo de Belas Artes da Coruña e os Institutos de investigación en Compostela de Manuel Gallego; o Cemiterio de Fisterra de César Portela na Coruña; o Colexio de Arquitectos de Vigo de Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera e mais o Centro de saúde de Elviña deseñado por Alberto Noguerol e Pilar DÃez.
No apartado de obras de arquitectos foráneos presentes en Galicia, temos o Centro de Artes da Coruña realizado por Aceboxalonso arquitectos, os conxuntos residenciais da VaquerÃa e Ponte Sarela, en Compostela, a cargo de VÃctor López Cotelo, e o Concello de Fene que asinou Alberto Campo Baeza.