Fotografía do acto de inauguración dos IV Encontros de BD na Mariña
O IES Perdouro de Burela acollía onte a inauguración dos IV Encontros de Banda Deseñada da Mariña, que se desenvolverán no centro ata o vindeiro mes de marzo. Para alén do xa habitual certame de creación de BD, está tamén xa na rúa o terceiro número de Banda Desexada a revista que recolle anualmente os traballos galardoados na anterior edición. No programa, aínda pendente de desvelar, está previsto que se desenvolvan obradoiros, exposicións e que acodan ao centro cradores de BD do noso país.