Hai agora 200 anos que nacía en Viveiro Nicomedes Pastor Díaz, política e escritor que se converteu nunha importante figura do Rexurdimento. A celebrar este bicentenario, a Real Academia Galega organiza para o vindeiro 1 de decembro unha xornada de homenaxe na súa sede da coruñesa Rúa Tabernas. No acto intervirán Luís Caparrós, editor da poesía do homenaxeado, Henrique Monteagudo e Emilio José Ínsua que tamén afondarán no seu labor literario. Pola súa banda, Fausto Galdo tratará a relación de Pastor Díaz con Viveiro e Xosé Ramón Barreiro, achegarase á súa vertente política.