Cine en esencia pura de principio a fin. Comezou en Ourense a gran gala co cine, O Festival de Cine Independente, que este ano leva moitos Casares no cartel. MarÃa Casares e Carlos Casares, como homenaxeados con sesións especiais. Comeza e remata o festival con produccións galegas, “Ilegal” e “13 badaladas”. E no medio, un paÃs emigrante que mantivo o cine: Arxentina. Un director Woody Allen e unha competición con premios: as Calpurnias.
Son sete anos os que o Festival de Cine Independente de Ourense leva programando e enchendo a carteleira da cidade das Burgas durante oito dÃas ó ano. E este ano o Festival pretendeu ollar para o seu propio embigo e darse conta de que hai un audiovisual galego que hai que promover e será nesta liña na que continuarán de cara a vindeiras edicións. E para comezar, este ano presentan un cartel que impregna produccións galegas por todas as esquinas.
Recoller o dÃa a dÃa
O Festival de Ourense chega este ano á carteleira moi, moi fresco. Faino abrindo e pechando con dous pratos fortes, dúas estreas de produccións galegas. A primeira foi “Ilegal” na sesión inaugural e a segunda será este sábado, cando as “13 badaladas” pechen esta gran festa do cine.
Pero non só iso, senón que servirá de punto de encontro do que se está desenvolvendo a dÃa de hoxe, xa que o Festival serve de punto de encontro dunha xuntanza da Agapi, na que estarán moitas das caras que moven o audiovisual galego. Ademais, César Silva, director do Festival, apunta que “nas xornadas, nas que estarán os alumnos de Imaxe e Son de toda Galicia, servirase de intercambio de experiencias e de traballos de quen son o futuro dos directores galegos”. E non só iso, está a sección competitiva do Eixo Atlántico que premiará, de xeito simbólico, as mellores produccións e tanteará o nivel das creacións.
Ollar cara atrás e cara o alén
Pero para que haxa un presente no cinema galego, ten que haber tamén un pasado e non se pode vivir de costas a el. E o festival non esquece a historia do audiovisual galego e por iso César Silva ten claro que con esta sección o “obxectivo é recupera a unha serie de autores galegos relacionados directa ou indirectamente co mundo do cine”. Este ano esta sección recae en MarÃa Casares (A Coruña, 1922) pola súa traxectoria exitosa no teatro e cines franceses. E a homenaxe apoiarase coa emisión de cinco longametraxes e entre elas está “Montebajo” de Julián Esteban, que é a única pelÃcula que protagonizou en España. E para achegarnos a figura da muller que engaiolou ó público francés, estará Dominique Duraville que foi a axudante de dirección do filme “Montebajo”. Neste ciclo, ademais da proxección dos filmes, publicarase un libro coordinado por Fernando de Paz sobre a súa biografÃa e cinematografÃa.
Pero a historia do cine en Galicia, como o de moitas outras artes, non se pode completar sen atender a un fenómeno histórico como é o da emigración. Por iso, apunta César Silva “pretendemos descubrir unha faceta inédita que salvo os moi cinéfilos coñecen, que son emigrantes galegos que realizaron a súa carreira fóra fundamentalmente en paÃses iberoamericanos”. Comeza asà unha sección nova que se centrará a analizar a obra de personalidades no seu exilio. Este ano o homenaxeado é Juan Orol (Santiso, LalÃn, 1899) unha personaxe polifacética que foi actor, director, guionista, productor... e para iso estarán en Ourense o seu albacea e unha das súas donas. E nesta sección conta co apoio do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) que está desenvolvendo un ciclo. Por iso, no festival apunta César Silva, “ademais das proxeccións contamos co apoio do CGAI que publica un trÃptico informativo sobre esta personaxe”. Este é un exemplo máis da colaboración entre o festival e o CGAI que se foi fraguando desde as orixes do propio evento.
Proxectos de futuro
Son xa sete edicións coas que o Festival de Cine Independente de Ourense, o único dos que se celebran en Galicia que colga no seu tÃtulo a etiqueta de independente e moitas cousas as que foron acontecendo. Este ano houbo en febreiro un cambio forte na xerencia do Festival, que ata o momento desenvolvÃa Beatriz Anguiano e que deixou en mans de César Silva co que houbo uns certos cambios de última hora que segundo o actual director, fixo “que houbera pequenos detalles que se desenvolveron con certa premura”. E entre eles estaba a colaboración con outro dos eventos cinematográficos da provincia ourensá, as “Xociviga” ás que cederon unha cantidade de cartos que incrementaron a contÃa do primeiro premio do concurso de guións (co que os gañadores terán que materializalo para o festival de Ourense do vindeiro ano). E non só asÃ, neste interese decidido de apoiar ó audiovisual galego pretenden, segundo César Silva, “facer unha especie de recompilación do que foi o audiovisual galego tanto en curtas como en longas”.